BURELA .- O grupo municipal do PP de Burela asegura que “debe restrinxirse” o uso da Praza do Concello e aconsella que se hai que “usala con precaución”. Os populares afirman que a presenza de patinadores na Prazo do Concello “rebaixa a imaxe da mesma” e afirman que “a zona verde úsase ás veces como aparcadoiro, e non precisamente de coches oficiais, senón de coches de concelleiras”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
O PP afirman que a Praza do Concello estase deteriorando a pasos axigantados.
Os populares consideran que debe restrinxirse o uso da mesma.
Aseguran que os socialistas e os nacionalistas non miran por ela porque nada fixeron por ela.
O GMPP de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que a Praza do Concello estase degradando e deteriorando a pasos axigantados, pola incapacidade do alcalde de controlar o uso da mesma, e porque, como nin socialistas nin nacionalistas fixeron nada por ela, non se preocupan do seu cuidado.
Os populares consideran como elementos degradantes os buratos que se fixeron nas lousas da praza para asentar as fotografías recén expostas: nada en contra da exposición, pero os buratos axudarán a degradar a pedra. Tamén é degradante a presencia dunha especie de tendedeiro de redes: se se trata dunha homaxe ó mar, de acordo, pero non encaixa para nada coa fisonomía da praza. Igualmente, a zona verde úsase ás veces como aparcadoiro, e non precisamente de coches oficiais, senón de coches de concelleiras. A presencia de patinadores na praza é asidua, o que rebaixa a imaxe da mesma: alguén veu patinadores na praza de María Pita na Coruña, ou na Praza Maior de Lugo? A escalinata da entrada da praza serve como mosaico de pintadas, mesa de xogo de cartas, e demais: estamos de acordo cos grafieteiros, pero hai que habilitar zonas ó efecto.
Polo tanto, debe restrinxirse o uso da mesma, e usala con precaución. No mandado municipal do PP usouse como espacios para concertos, o que é razonable, e sempre esmerando a súa limpeza posterior. Actualmente, o deterioro vai en aumento día a día, e non parece razonable que quenes criticaron que se levantara para facer un parking soterrado agora se empeñen en desfacela día a día, porque nada fixeron por construila e incluso se opuxeron á sua financiación.
Os cidadáns de Burela temos que darnos conta de que nin ó alcalde nin á tenente de alcalde lle interesa nada distinto ó que non sexan festas e aproveitamento dos espacios e cartos de todos para sacer beneficios políticos.
O GMPP de Burela.
En Burela, a quince de Setembro de dous mil oito.