Site icon Crónica3.com A Mariña

Péchase a exposición Galicia Dixital de Burela

BURELA .- Hoxe pecha as súas portas en Burela a exposición Galicia Dixital que chegaba a esta vila o pasado xoves. Desde entón e segundo os datos facilitados pola concelleira de Mar e Facenda, Remedios López Villar, “por ela pasaron todos os colexios do Concello: Vista Alegre, Virxe do Carme, Perdouro… e tamén viñeron rapaces do Rivera Casas de San Ciprián. Os escolares visitaron a exposición polas mañás porque polas tardes reservouse para as asociacións e o público en xeral”.

A edil socialista engade que “os colexios aproveitaban a visita para facer un percorrido polo barco museo (sempre gratuíto para os nenos) e pola exposición Áreas Mariñas Protexidas que estará aberta ata o 30 de setembro”. Remedios López Villar amosa a súa satisfacción “pola exitosa participación dos colexios en Galicia Dixital”.

Exit mobile version