Site icon Crónica3.com A Mariña

Os organizadores presentaron o campionato de balonmán de Cervo

CERVO .- A concelleira de Deportes de Cervo, Yolanda Pedreira, e o responsable de prensa do Club Balonmán Viveiro, Angel Albo, presentaron en Cervo o primeiro campionato de balonmán concello de cervo. Yolanda Pedreira recordou que en Cervo o balonmán “tivo moitos seguidores hai uns anos, pero dun tempo a esta parte sufriu un certo retroceso”. Angel Albo Albo animou ó veciños de A Mariña a asistir ao torneo “onde vamos gozar duns partidos moi interesantes”

Nota de Prensa

C.B. LUGO, C.B. ÁRTABRO – UNIVERSIDADE DA CORUÑA E C.B. VIVEIRO – FISHING WORK ENFRONTARANSE O VINDEIRO SÁBADO NO PRIMEIRO CAMPIONATO DE BALONMÁN CONCELLO DE CERVO

Cervo, 02 de setembro de 2008.- Hoxe a mediodía tivo lugar a presentación do primeiro torneo de balonmán ‘Concello de Cervo’ organizado polo Club Balonmán Viveiro – Fishing Work e no que colabora a delegación de Deportes do Concello de Cervo.

O torneo será baixo a modalidade de triangular e terá lugar o vindeiro sábado, 6 de agosto, no pavillón municipal da Veiga (San Ciprián) a partires das cinco da tarde; e a entrada será gratuíta. Os equipos participantes son o Club Balonmán Lugo (1ª Autonómica); C.B. Ártabro – Universidade da Coruña (1ª Autonómica) e o Club Balomnán Viveiro – Fishing Work (2ª Autonómica).

No acto de presentación -no cal asistiron a Yolanda Pedreira, concelleira de Deportes de Cervo, e Angel Albo, xefe de prensa do Clube Balonmán Viveiro- a responsable da área de Deportes cervense salientou a importancia deste tipo de eventos que axudan a potenciar a práctica do balonmán entre os cidadáns do concello, “o cal tivo moitos seguidores hai uns anos, pero dun tempo a esta parte sufriu un certo retroceso”. Así mesmo, Pedreira sinalou que a delegación de Deportes do Concello de Cervo colaborará con clubes, asociacións e entidades de cara ao fomento da práctica deportiva entre tódolos cervenses “e especialmente entre os máis pequenos”.

Pola súa parte o representante do Clube Balonmán Viveiro – Fishing Work, Miguel Albo, explicou o orde de partidos deste triangular e destacou o nivel dos tres equipos participantes. Albo tamén animou a todo o público a asistir ao torneo “onde a bo seguro vamos ter a posibilidade de gozar duns partidos moi interesantes” sinalou.

Exit mobile version