A MARIÑA .- Parte da flota do porto de Burela e do porto de Celeiro permaneceu amarrada a causa do temporal que padeceu a costa de Lugo na noite do xoves e na mañá do venres. Na zona de Burela houbo rachas de vento de hasta 140 quilómetros hora. En Ribadeo o temporal deixou contedores tirados en todo o municipio; a froita caeu de moitos árbores e outros viron como as súas ramas rachaban coa forza do vento en Santa Cruz (imaxe á que corresponde a foto) e nas inmediacións dos institutos. Tamén caeron un par de paneis informativos na praia das Catedrais.