Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario do PP en Lugo “ironizou” sobre o BNG e a apertura do porto de Alcoa

CERVO .- O secretario provincial do partido Popular en Lugo e parlamentario autonómico pola Mariña, José Manuel Balseiro Orol, “ironizou sobre a manifestación convocada polos nacionalistas para o vindeiro sábado en San Ciprián” pedindo a apertura do porto de Alcoa ó tráfico comercial e  asegurou que “xa era hora que os do BNG se sumen ás reivindicacións que levamos facendo dende fai tempo dende o PP”.

Nota de Prensa

Balseiro lembra que Francisco Jorquera votou repetidamente en contra da emenda popular solicitando a apertura desta infraestrutura ao tráfico xeral

o pp asegura que a manifestación convocada polo bng solicitando a apertura do dique de alcoa non é mais que un acto político que amosa a incoherencia dos nacionalistas

A Mariña, 03 de agosto de 2008.- O secretario provincial do partido Popular en Lugo e parlamentario autonómico pola Mariña, José Manuel Balseiro Orol, quixo dar ?a benvida? ao BNG na súa postura de reivindicar a apertura ao tráfico portuario do dique norte de Alcoa. Neste senso Balseiro ironizou sobre a manifestación convocada polos nacionalistas para o vindeiro sábado en San Ciprián asegurando que ?xa era hora que os do BNG se sumen ás reivindicacións que levamos facendo dende fai tempo dende o PP? dixo Balseiro.

Exit mobile version