CERVO .- O secretario provincial do partido Popular en Lugo e parlamentario autonómico pola Mariña, José Manuel Balseiro Orol, “ironizou sobre a manifestación convocada polos nacionalistas para o vindeiro sábado en San Ciprián” pedindo a apertura do porto de Alcoa ó tráfico comercial e asegurou que “xa era hora que os do BNG se sumen ás reivindicacións que levamos facendo dende fai tempo dende o PP”.
Nota de Prensa
Balseiro lembra que Francisco Jorquera votou repetidamente en contra da emenda popular solicitando a apertura desta infraestrutura ao tráfico xeral
o pp asegura que a manifestación convocada polo bng solicitando a apertura do dique de alcoa non é mais que un acto político que amosa a incoherencia dos nacionalistas
A Mariña, 03 de agosto de 2008.- O secretario provincial do partido Popular en Lugo e parlamentario autonómico pola Mariña, José Manuel Balseiro Orol, quixo dar ?a benvida? ao BNG na súa postura de reivindicar a apertura ao tráfico portuario do dique norte de Alcoa. Neste senso Balseiro ironizou sobre a manifestación convocada polos nacionalistas para o vindeiro sábado en San Ciprián asegurando que ?xa era hora que os do BNG se sumen ás reivindicacións que levamos facendo dende fai tempo dende o PP? dixo Balseiro.