CERVO .- O grupo municipal do PSOE no concello de Cervo vota en falla maior operatividade e oferta de servizos ós veciños na paxina web do concello. Os socialistas indican que habendo internet en todas as parroquias “os veciños non poden facer ni unha sola xestión a través das novas tecnoloxías, tendo que desprazarse sen remedio ata o concello para tramitalas”. O PSOE ve que “a falla de información e transparencia afecta tamén á publicación das actas das xuntas de goberno e plenos municipais, xa que si os veciños queren consultalas, tamén deben desprazarse ás instalacións municipais”.
Nota de Prensa
A páxina web do Concello de Cervo, non permite aos veciños acceder as ofertas de emprego
Cervo dotó os locais sociais das parroquias con acceso a internet, pero os veciños non poden facer ni unha sola xestión a través das novas tecnoloxías, tendo que desprazarse sen remedio ata o concello para tramitalas
A pesar de que fai un ano o concello de Cervo contratou a un deseñador de páxinas web, segundo o primeiro tenente de alcalde “para actualizar e mellorar os servizos da mesma”, os veciños non poden acceder as ofertas de emprego nin as bases das convocatorias, a pesar das reiteradas peticións dos concelleiros do PSdeG-PSOE.
O Grupo Municipal Socialista de Cervo considera que en pleno século XXI, con as novas tecnoloxías implantadas na sociedade, e cos medios suficientes para facer efectiva unha demanda social, non hai barreiras para que moitas das xestións que se formalizan fisicamente no concello podan ser tramitadas a través da vía informática.
Ademais hai que recordar que Cervo dotou os locais sociais das parroquias con acceso a internet, pero os veciños non poden facer ni unha sola xestión a través das novas tecnoloxías, tendo que desprazarse sen remedio ao concello de Cervo para tramitalas.
Non parece lóxico que dende o concello háxase contratado persoal fai un ano para manter actualizada e mellorar a web municipal e que a día de hoxe os veciños non podan tan sequera acceder á información básica como unha oferta de emprego e as correspondentes bases da convocatoria, tendo que acudir en dos ocasiones a lo menos ao rexistro do concello de Cervo, a primeira para solicitar as bases e despois para presentar a documentación solicitada nas mesmas.
Dáse ademais a circunstancia de que un dos enlaces denominado “ofertas de emprego” foi eliminado aos poucos días da chegada de Alfonso Villares á alcaldía, coincidindo coa introdución do “saúdo do novo alcalde”.
Por si esto fora poco, ven sendo habitual que o concello ofreza unicamente un prazo de dous días para presentar a documentación solicitada, alegando unha urxencia que logo non e tal, deixando sen marxe de manobra as persoas que queiran presentar os méritos.
Pero a falla de información e transparencia afecta tamén á publicación das actas das xuntas de goberno e plenos municipais, xa que si os veciños queren consultalas, tamén deben desprazarse as instalacións municipais para consultalas.
Todo un despropósito para un concello que a pesar de contar co persoal contratado para actualizar a web, está a anos luz de converxer coas novas tecnoloxías.