BURELA .- O grupo municipal do PP no concello de Burela síntese enganado polo alcalde, Alfredo Llano, coas obras de Suafonte. Os populares afirman que o alcalde “mentiu cando lle votou a culpa ó PP destas obras, cando el sabe que ese proxecto modificouse de tal xeito que pasou de catrocentos mil euros a xustamente o doble, ou sexa, oitocentos mil euros, e el deberá explicar por que. Mentiu cando dixo que as obras se ían facer nun mes, e xa van catro. Mentiu cando dixo que informara porta a porta ós vecinos. Minte cando di que é unha inversión do concello, cando a obra págana todos e cada dos propietarios incluidos na urbanización de Torrentes. Mentiu cando dixo que non facían falla catas, tal e como pedía o PP nunha alegación que fixo ó proxecto, e resulta que a empresa non dispoñía de todos os datos para facer a obra.
Nota de Prensa
O GMPP considera “unha grande mentira” a montaxe do alcalde coas obras de Suafonte.
Os populares lembran que o alcalde non é de fiar porque dixo que as obras rematarían nun mes, e van catro.
Afirman que os vecinos síntense engañados co retraso da obras.
O GMPP de Burela considera “unha grande mentira” a montaxe do alcalde coas obras en Suafonte, porque dixo que estarían rematadas nun mes e van catro, e ainda queda obra por facer e este señor cala a boca porque sabe que mentiu descaradamente.
Para os populares, esta “grande mentira” componse de varias: mentiu cando lle votou a culpa ó PP destas obras, cando el sabe que ese proxecto modificouse de tal xeito que pasou de catrocentos mil euros a xustamente o doble, ou sexa, oitocentos mil euros, e el deberá explicar por que. Mentiu cando dixo que as obras se ían facer nun mes, e xa van catro. Mentiu cando dixo que informara porta a porta ós vecinos. Minte cando di que é unha inversión do concello, cando a obra págana todos e cada dos propietarios incluidos na urbanización de Torrentes. Mentiu cando dixo que non facían falla catas, tal e como pedía o PP nunha alegación que fixo ó proxecto, e resulta que a empresa non dispoñía de todos os datos para facer a obra.
Esta situación trae consigo que os vecinos de Suafonte se sintan engañados, porque non se cumplen os prazos que se deron a través da prensa, e o alcalde non dá a cara; esta cobardía trade consigo que xa haxa alomenos un escrito de protesta presentado no concello por un veciño afectado.
Para o GMPP, os vecinos xa se dán conta de que este alcalde non é de fiar, porque engana ós cidadáns, non di a verdade, e non dá a cara, e por riba carga as culpas sobre os demais. Por eso no último pleno o alcalde non se mollou nada cando o PP lle preguntou sobre o retraso nesta obra, e non foi capaz de fixar prazos para o seu remate, porque sinxelamente os perezosos “pasan” de problemas; e no caso deste alcalde, por riba “pasa” de solucionar os abundantes problemas que el mesmo crea.