A MARIÑA .- O secretario provincial do Partido Popular en Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro asegurou que representantes de entidades veciñais poden presentarse para participar na “comisión de participación cidadá de saúde que vén de constituírse hai uns días sen ningún representante veciñal da nosa comarca”. Balseiro explicou que a “normativa oficial non esixe que os colectivos de veciños deban formar parte dunha federación supralocal para optar a formar parte deste órgano de seguimento do centro hospitalario burelés”.
Nota de Prensa
A normativa oficial non obriga aos representantes dos veciños a estar integrados en ningún tipo de federación
O PP INVITA ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS A QUE SOLICITEN A SÚA INCLUSIÓN NA COMISIÓN DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DA ÁREA NORTE DE SAÚDE
o José Manuel Balseiro asegura que Sanidade está a incumprir a lei ao nomear a representantes de colectivos lucenses para integrar este órgano de control do centro hospitalario mariñán
o O Partido Popular da Mariña brinda o seu asesoramento a través das Oficinas do Deputado de Ribadeo e Viveiro a todos os colectivos interesados en postularse para formar parte desta comisión
A Mariña, 19 de setembro de 2008.- O secretario provincial do Partido Popular en Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, animou hoxe a todos os representantes de colectivos e asociacións veciñais da área sanitaria norte da provincia de Lugo (tódolos concellos da Mariña excepto A Pontenova) a presentar formalmente diante da Consellería de Sanidade a súa petición para participar na comisión de participación cidadá de saúde que vén de constituírse hai uns días sen ningún representante veciñal da nosa comarca.
Segundo Balseiro, os argumentos esgrimidos polos responsables de Sanidade para xustificar a exclusión de asociacións mariñáns “non cumpren a legalidade vixente” e asegurou que a normativa oficial non esixe que os colectivos de veciños deban formar parte dunha federación supralocal para optar a formar parte deste órgano de seguimento do centro hospitalario burelés. Para Balseiro a orde do 27 de maio de 2005, pola que se regula a composición, organización e funcionamento das comisións de participación cidadá (DOGA 1/06/2005) é clara: “No artigo 3, parágrafo b, dise claramente que os catro representantes das asociacións veciñais deben ter actuación no ámbito da comarca, cousa que a día de hoxe se está a incumprir ao figurar coma representantes membros de asociacións da zona de Lugo” lembrou Balseiro.
CONSELLEIRO DE SANIDADE
Para o deputado popular, os argumentos da Consellería de Sanidade negándose a modificar a representación desta comisión sanitaria mentres non o reclamen os colectivos cidadáns non son máis que escusas pouco cribles e sen ningún fundamento, “excepto o do capricho político”; e sinalou que o artigo 125 da Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia establece que os membros das comisións son nomeados ou cesados do cargo polo conselleiro de Sanidade. “Si o goberno galego tivera realmente interese en arranxar esta chapuza só bastaría con que a señora Rubio Vidal botara unha sinatura, pero ao parecer debe estar demasiado atarefada intentando solucionar a desfeita das listas de espera, aínda que o dubido” ironizou Balseiro.
OFICINAS DO DEPUTADO
O secretario provincial dos populares brindou o apoio e asesoramento do seu partido a través das Oficinas do Deputado das que dispón o PP nas localidades de Ribadeo e Viveiro. Segundo Balseiro, é fundamental que os colectivos veciñais da Mariña (a excepción da Pontenova por estar adscrito este concello á área sanitaria de Lugo) interesados en trocar esta composición “sen sentido” da comisión de participación sanitaria nesta comarca fagan constar o seu interese de xeito oficial diante dos estamentos con competencias na materia. “Estaremos moi gustosos de axudarlles no que poidamos” sinalou Balseiro.
As Oficinas do Deputado do Partido Popular están abertas ao público todos os venres, de 11.00 a 13.00 horas en Viveiro; e de 17.00 a 19.00 horas en Ribadeo.