Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pedirá no Parlamento un plan de choque para o pequeno comercio

CERVO.- O deputado autonómico do PP, José Manuel Balseiro Orol vai reclamar que Xunta elabore un plan de coche que favoreza ao pequeno comercio para axudar a superar actual crise. A iniciativa xorde das protestas e preocupacións que mostran as pequenas empresas e da importancia que ten o pequeno comercio para a economía e adinamización das localidades de A Mariña.

NOTA DE PRENSA

Os populares xa alertaron ante a posibilidade de que o contexto económico actual, moi desfavorable para as pequenas empresas, e a falta de axudas da administración autonómica, traia consigo o peche de moitos establecementos na nosa comarca
BALSEIRO RECLAMA UN PLAN DE CHOQUE QUE FAVOREZA AO PEQUENO COMERCIO ANTE A AGUDIZACIÓN DA CRISE

o O deputado do PPdeG adianta que a próxima sesión plenaria do Parlamento de Galicia reclamarán un paquete de medidas en apoio do comercio retallista

A Mariña, 08 de setembro de 2008.- O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia, José Manuel Balseiro Orol vén de reclamar que a Xunta elabore un plan de coche que favoreza ao pequeno comercio ante a asfixia que para estas empresas está a supoñer a agudización da actual crise. Os populares xa alertaron en pasadas datas ante a posibilidade de que o contexto económico actual, moi desfavorable para as pequenas e medianas empresas e para os cidadáns con rendas medias e baixas, sumando á falta de axudas por parte das distintas administracións, traia consigo o peche de moitos establecementos na comarca e, en consecuencia, a perda de riqueza e de moitos empregos.

Unha vez máis a preocupación xorde como consecuencia das informacións que están a chegar ás oficinas parlamentarias que o PPdeG ten nas localidades de Viveiro e Ribadeo. Nelas, acumúlanse as queixas de titulares de establecementos comerciais, e pequenas empresas, que denuncian a falta de atención das distintas consellerías e as dificultades coas que se atopan á hora de facer cadrar as contas que lles permitan chegar a fin de mes. O deputado popular lembra que, de xeito especial nos concellos máis poboados da Mariña, pero tamén no resto dos municipios, o comercio e as pequenas empresas constitúen unha fonte de emprego importante para moitos veciños da nosa comarca e, por todo iso, non comprende a falta de apoio que caracteriza, respecto deste sector, o comportamento do Goberno bipartito actual.

AS VENDAS CAERON UN 25-30%

Pero, o PPdeG non se limita a facer pública esta alerta se non que ofrece unha serie de propostas que considera “necesarias e urxentes” co obxecto de “contribuír á superación da situación actual”. Así por exemplo, o deputado mariñán adianta que, o seu Grupo Parlamentario defenderá unha iniciativa na próxima sesión plenaria da Cámara autonómica, a través da que trasladarán á Xunta a posta en marcha, con carácter inmediato, dun plan de choque para combater os efectos da intensa crise económica que afecta con dureza a este sector.

Segundo os datos oficiais manexados polo PPdeG no primeiro semestre deste ano os comercios viron como as vendas se reduciron entre un 25% e un 30%. As primeiras consecuencias non tardaron en aparecer e, de feito, xa se rexistraron peches de pequenos establecementos de carácter familiar, mentres se ralentizou a apertura de novas tendas.

PROPOSTAS: FINANCEIRAS, FORMATIVAS, ADMINISTRATIVAS

A primeira das medidas incluídas no plan de coche é a de potenciar unha maior adecuación dos produtos financeiros, que ofertan bancos e caixas, ás necesidades dos comercios, mediante un proceso de negociación  da Xunta coas entidades crediticias.

Paralelamente, os populares galegos apuntan a necesidade de deseñar un programa específico para mellorar a capacitación profesional dos traballadores do sector do comercio, potenciando aspectos como as técnicas de venda, trato ao cliente, manexo de novas tecnoloxías, así como coñecemento e emprego das linguas estranxeiras, pensando no turismo, entre outras.

Nunha situación de intensa crise como a que atravesa o sector comercial galego, Balseiro Orol tamén chamou a atención sobre os atrancos adicionais aos que a Xunta pode someter ao sector a curto prazo e, para evitalos, pide que se garanta que a rotulación, sinalética e documentación comercial poda efectuarse no idioma que libremente elixa o titular do establecemento. O PPdeG anima a impulsar a incorporación da lingua galega como factor de diferenciación comercial, pero sen que iso supoña a exclusión do seu uso.

Exit mobile version