Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP insiste en que non contou co apoio do BNG cando pediu abrir o porto de Alcoa

CERVO .- O Partido Popular insiste en recalcar e documenta que o BNG non apoiou a súa proposta de apertura do dique norte do porto de Alcoa, en novembro do ano pasado no Congreso dos Deputados. Os populares pedían que se incluíse “nos orzamentos xerais do Estado de 300.000 euros destinados ao proxecto de apertura ao tráfico xeral desta infraestrutura”.

 

Nota de Prensa

 

Jose Manuel Balseiro Orol

 

Deputado autonómico

 

Grupo Parlamentario Popular (PPdeG) 

 

NOTA DE PRENSA 

Os populares emprazan a que “esta vez si” os deputados e senadores nacionalistas apoien a emenda do Grupo Parlamentario Popular nas Cortes xerais a través da que reclamarán que no 2009 lévese adiante esta actuación

O PP ACREDITA QUE O BNG REXEITOU, FAI MENOS DUN ANO, A APERTURA DO DIQUE NORTE DE ALCOA

O 8 de novembro de 2007 o Bloque Nacionalista Galego non apoiou unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados na que se reclamaba a inclusión nos orzamentos xerais do Estado de 300.000 euros destinados ao proxecto de apertura ao tráfico xeral desta infraestrutura.

     A Mariña, 04 de setembro de 2008.- O Partido Popular da Mariña vén de acreditar que o Bloque Nacionalista Galego fai menos dun ano rexeitou a posibilidade de abrir o dique norte de Alcoa. Máis en concreto, o 8 de novembro de 2007 someteuse a votación de todos os deputados na Comisión de Orzamentos do Congreso unha emenda do Grupo Parlamentario Popular a través da que se reclamaba a inclusión nas contas estatais de 300.000 euros que serían destinados ao proxecto para a “apertura ao tráfico xeral do dique norte de Alcoa” e “actuacións para a súa adaptación ao tráfico comercial” (sic.). O Partido Popular quedouse só defendendo esta iniciativa xa que ningún Grupo Parlamentario, tampouco os deputados nacionalistas galegos, apoiaron a emenda. 

 

     Desde o PPdeG subliñan a maiores a importancia do veto do Bloque Nacionalista Galego a esta emenda dos populares xa que, na lexislatura pasada, o apoio aos orzamentos xerais por parte do BNG “foi decisivo para que as contas de Zapatero saíran adiante”. En consecuencia, “se o BNG tivera a vontade de facelo, podería ter obrigado ao Goberno socialista de Madrid a incluír dentro das súas propostas de actuación a apertura do dique norte de Alcoa. “Pero claro, por entón, as reivindicacións dos cidadáns desta comarca non eran prioritarias e o BNG non tivo problema en pregarse aos intereses do PSOE” 

 

     Finalmente, dende o PP lembran que o BNG tamén foi decisivo á hora de impedir a reprobación da Ministra de Fomento,  Magdalena Álvarez. O seu Ministerio é o organismo competente para levar adiante a apertura ao tráfico xeral do dique norte que, na actualidade, infrautiliza a empresa ALCOA ao dedicalo única e exclusivamente ao abrigo de embarcacións. “Unha vez máis o BNG puido esixir esta apertura, e unha vez máis considerou que non era preferente”  

     O BNG DIXO NON NO PARLAMENTO DE GALICIA 

     Algo similar aconteceu no Parlamento de Galicia onde os votos conxuntos do PSOE e máis do BNG impediron que prosperara unha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Popular -a instancia do deputado autonómico José Manuel Balseiro- na que reclamaban a inclusión dentro das actuacións do Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia da apertura do dique norte de Alcoa. Socialistas e nacionalistas rexeitaron a petición do PPdeG impedindo que saíra aprobada . Tal circunstancia aconteceu no seo da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos da Cámara galega, celebrada o 21 de febreiro de 2007. 

     Se ben é certo que, con posterioridade a esta data, o 16 de abril de 2008, todas as forzas políticas no Parlamento de Galicia votaron unanimemente en favor dunha proposición non de lei do Grupo Popular pola que se instaba á Xunta de Galicia a que apoiara diante do Goberno central o inicio das negociacións oportunas co Grupo Alcoa para abrir ao tráfico comercial xeral o porto comercial de San Cibrao. Mais a pesar disto, a petición do PPdeG nun inicio era moito máis ambiciosa, reclamaban a inclusión dunha partida orzamentaria específica nas contas estatais e a propia creación da autoridade portuaria de Lugo “única provincia con mar en toda España”. Extremos aos que o BNG e o PSOE se opuxeron. Loxicamente o PPdeG “coa vontade de chegar a un consenso, e que fora posible acadar un acordo unánime, aceptou manter a primeira das peticións: lograr a apertura ao tráfico xeral deste porto mariñán”. 

     EMPRAZAN AO BNG A VOTAR A FAVOR DA EMENDA DO PP 

 

     En todo caso desde o Partido Popular insisten en felicitarse porque o BNG teña agora rectificado a súa posición actual e, finalmente, amósese disposta a condicionar o seu apoio aos orzamentos do Estado á inclusión deste proxecto. O PP vaia aínda máis lonxe e empraza aos deputados e senadores da formación nacionalista a apoiar a emenda que o Grupo Parlamentario presentará para incluír este proxecto nas contas estatais de 2009. “Deste xeito garantirase que exista diñeiro suficiente para levar adiante esta apertura xa o ano que ven. Chegou a hora de que pasen das palabras aos feitos” 

 

Anexo documental: 

5 de novembro de 2007

 

Boletín Oficial das Cortes Xerais- Congreso dos Deputados

 

Serie A. Núm 149-7 (Páxina 1564) 

 

Emenda Número 2.826 

 

O Grupo Parlamentario Popular do Congreso propón unha emenda aos Orzamentos Xerais do Estado para que se inclúa unha partida destinada ao proxecto de apertura ao tráfico do dique norte de Alcoa, así como para sufragas as actuacións necesarias para a súa adaptación ao tráfico en xeral.  

Importe 300.000 euros. 

 

O 8 de novembro de 2007 esta emenda non prospera ao obter unicamente o apoio do Grupo Popular. O BNG rexeita polo tanto a posibilidade de levar adiante este proxecto. 

 

 

 

21 de febreiro de 2008

 

Boletín Oficial do Parlamento de Galicia

 

(Páxina 75951) 

O Parlamento de Galicia defende unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que, nas previsións contidas no Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia se incorpore a apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico xeral 

 

A iniciativa foi rexeitada cos votos en contra do bipartito. 

 

 

 

16 de abril de 2008

 

Boletín Oficial do Parlamento de Galicia

 

(Páxina 78116) 

O Parlamento de Galicia aproba unha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Popular co seguinte contido: 

 

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que apoie expresamente diante do Goberno central o inicio das negociacións oportunas co Grupo Alcoa para abrir ao tráfico comercial xeral o porto comercial de San Cibrao.  

O acordo final modifica en aras do consenso e a unanimidade a petición do PPdeG que era moito máis ambiciosa ao reclamar: 

 

Que se consignara unha partida específica nos orzamentos de 2008 para facer fronte ás obras necesarias  

 

Que se desenvolveran as xestións oportunas diante das institucións competentes para crear a autoridade Portuaria de Lugo, única provincia sen autoridade portuaria propia

Exit mobile version