Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo cualifica de insolidaria a Deputación

MONDOÑEDO .- Os populares de Mondoñedo e o Grupo Provincial do Partido Popular aseguraron nun comunicado publicado hoxe en Mondoñedo que constataron a existencia dunha clara insensibilidade e insolidariedade na Deputación Provincial de Lugo porque non se está a actuar en cuestións que afectan directamente a minusválidos ou persoas maiores coma é a accesibilidade. Afirmaron que os concellos de Mondoñedo e Lourenzá levan practicamente ano e medio agardando a que se instalen nas súas casas consistoriais senllos ascensores. Unhas actuacións que, segundo subliñaron, foron adxudicadas polo anterior equipo de Goberno na Deputación Provincial.

Exit mobile version