Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo en desacordo co parlamentario Manuel Parga polas licencias da A Atalaia

SAN CIBRAO  .- Os populares de e Cervo móstranse en desacordo co parlamentario do BNG Manuel Parga e “esíxenlle ao parlamentario nacionalista que demostre as súas acusacións nas que afirmou que as licencias urbanísticas da Atalaia foron concedidas con manifesto incumprimento da lexislación”. Segundo o PP cervense, “de non demostrar estas críticas de ilegalidade na concesión das licencias da Atalaia, o parlamentario do BNG estaría a incorrer novamente na súa táctica de calumnias ás cales xa nos ten acostumados e ás que non estamos dispostos a permitir”.

Nota de Prensa

Os populares cervenses esíxenlle ao parlamentario nacionalista que demostre as súas acusacións nas que afirmou que as licencias urbanísticas da Atalaia foron concedidas “con manifesto incumprimento da lexislación”.

O PP CERVENSE CUALIFICA A PARGA COMA “DIFAMADOR POLÍTICO PROFESIONAL”

·        O Partido Popular de Cervo mantén que o político nacionalista acostuma a facer declaracións contra a xestión do goberno municipal sen ningún tipo de rigor “e có único obxectivo de manterse na política”.

·        Os populares están fartos de que Parga Núñez faga este tipo de declaracións sen base de ningún tipo e lembran que xa fixera o mesmo no seu día có tema das licencias de ‘Pasillo Verde’; “e despois demostrouse que mentira”.

·        Segundo o PP cervense, de non demostrar estas críticas de ilegalidade na concesión das licencias da Atalaia, o parlamentario do BNG estaría a incorrer novamente na súa táctica de calumnias “ás cales xa nos ten acostumados e ás que non estamos dispostos a permitir”.

Exit mobile version