BURELA .- Según afirma o PP de Burela, o tempo que esperan os usuarios para que os atendan en urxencias no Hospital da Costa é excesivo. Os populares de Burela din que son importantes “as demoras na atención ós pacientes, chegando o tempo de espera ás oito horas, como lle pasou recentemente a un matrimonio co seu fillo, que entraron ás once da mañá e foron atendidos cáseque ás sete da tarde”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR DE BURELA
O PP alerta de tempos de espera importantes no servicio de urxencias do hospital.
Os populares afirman que houbo casos de tempos de espera de hasta oito horas.
Aseguran que a Xunta non fai nada para millorar a calidade da sanidade.
O PP de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que no servicio de urxencias do Hospital da Costa estanse a producir importantes demoras na atención ós pacientes, chegando o tempo de espera ás oito horas, como lle pasou recentemente a un matrimonio co seu fillo, que entraron ás once da mañán e foron atendidos cáseque ás sete da tarde.
Estas situacións fóronlle comunicadas ó Partido Popular de Burela por varias persoas que tiveron que pasar por esta situación, e en ningún caso son achacables ó persoal, que tenta axilizar e minimizar o tempo de espera das persoas usuarias do servicio de urxencias. A responsabilidade é da propia Consellería, por non ser capaz de arbitrar medidas que poidan garantir durante o verán un tempo de espera razoable.
Para o PP de Burela, estas situacións están levando a que a valoración do Hospital da Costa sexa nestes momentos mui baixa por parte dos usuarios, ainda que o traballo do persoal merece o máis considerado dos respectos.
Polo tanto, entendemos que desde a Consellería se deben arbitrar medidas para que estas situacións non se volvan a repetir, medidas que teñen que pasar forzosamente pola dotación de persoal suficiente para garantir a minimización de tempo de espera. Pola contra, a Consellería de Sanidade tén pendiente de investimento un millón de euros do exercicio de 2007, mentres que gastan cartos innecesariamente en cambiar os logos da consellería, levan ós pacientes a facer probas á Coruña, “amplían” o hospital con barracóns, e aumentan as listas de espera hasta límites insostibles.
Para os populares, a Xunta do PSOE e do BNG están tratando ós cidadáns da Mariña como se fóramos de segunda categoría, ou se pagasen menos impostos ca noutras zonas de Galicia. E están condenando ó hospital de Burela a unha situación de non retorno por culpa dunha nefasta xestión do equipo directivo da consellería. O nivel do hospital é posible gracias só e exclusivamente ó traballo e esforzó do persoal, porque se fose pola dirección da Consellería, o desastre estaría garantido.