BURELA .- O PP asegura que o “alcalde e o bigoberno burelés, non teñen, de momento, adoptada ninguna medida para afrontar a crise económica que xa temos encima, agás a dos corenta euros que é totalmente insolidaria”. Temén reitera que “esta ausencia de medidas afecta ó propio funcionamento do concello e á colaboración con asociacións, entidades e particulares.
NOTA DE PRENSA GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
O PP vé “insolidaridade” no alcalde burelés.
Os populares aseguran que non se adoptan medidas para axudar ós bureleses a afrontar a crise económica.
Lembran que o PP xa presentou propostas, rexeitadas polo alcalde.
O GMPP de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que o alcalde e o bigoberno burelés, non teñen, de momento, adoptada ninguna medida para afrontar a crise económica que xa temos encima, agás a dos corenta euros que é totalmente insolidaria. Esta ausencia de medidas afecta ó propio funcionamento do concello e tamén afecta á colaboración que o concello tén pensado establecer coas familias e coas pequeñas e medianas empresas, comerciantes e autónomos máis afectadas pola crise, polo que hai que calificar esta forma de actuar de insolidaria, carente de proxección de futuro, e que demostra total ausencia de traballo e preocupación.
Desde o PP non entendemos, polo tanto, que non se tomen medidas ou alomenos se prevean, e que non se dean a coñecer á cidadanía. Seguro que se nos dirá que xa se están pensando, como de costume, pero o certo é que non hai nada de nada, só despilfarro e ausencia de compromiso no gasto dos cartos de todos.
O GMPP de Burela lembra que leva feitas varias propostas a nivel concello: así, e a nivel de funcionamento interno consideramos que se debe ir a un recorte importante do capítulo de gastos correntes, en varios casos claramente suntuarios e de cara á galería, xunto cunha conxelación dos soldos políticos. No que se refire ás medidas para axudar ós cidadáns, neste senso, cremos que se deben manter, e mesmo incrementar, os esforzos e os fondos destinados a fondos sociais e a fomentar o emprego; así, xa indicamos hai mes e medio que se poden crear dous fondos derivados do control do gasto corrente, de aproximadamente douscentos cincuenta mil euros cada un, para familias necesitadas por un lado, e autónomos, comerciantes e pemes por outro; e non hai moito tempo, propuxemos medidas fiscais, coma a baixada da contribución, e mesmo bonificación para familias numerosas ou con dous ou máis membros xubilados. Ademais destas medidas, o PP tamén propuxo a conxelación dos impostos para o ano 2009, e mesmo a bonificación da contribución e das licencias de obra e de apertura para autónomos, comerciantes e pequenas e medianas empresas.
Igualmente, o PP considera que se pode crear un fondo de axuda ós alugueres para aquelas persoas ou parellas de xoves nas que os dous se atopen nestes momentos sen traballo.
Todas estas propostas foron rexeitadas polo alcalde e pola tenente de alcalde, pero sen dar ninguna alternativa a cambio, agás a dos corenta euros, que nos parece inxusta, porque son cartos de todos que se reparten igual para ricos que para pobres; se o esforzo social do concello se vai quedar en repartir corenta mil euros a partes iguais entre ricos e pobres, a verdade é que nin traballan nin se esforzan en pensar solucións en positivo. Co que temos que concluir que temos unha tenente de alcalde máis preocupada pola súa imaxe, e temos un alcalde que non as pensa, e o peor é que non fai nada, non tira nin para adiante nin para atrais, cando neste momento é cando se deben anunciar medidas, ainda que non nos sorprende, porque o alcalde dixo no último pleno que esto da crise non era tal, que se estaba dándolle moito bombo; con estas premisas, para que queremos este alcalde?
Con todo, o PP volverá de novo a reiterar as súas propostas porque entende que a cidadanía debe ter claro quen está por defender ós que máis o precisan e quen está por vaguear e non facer nada agardando a que a crise escampe.
En Burela, a oito de Setembro de dous mil oito.