Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela percibe “ramalazos de autoritarismo” na distribución dos pavillóns

BURELA .- Os grupo municipal do PP no concello de Burela asegura que “hai colectivos que se senten incómodos e mesmo marxinados, porque non se contou con eles” na distribución de horarios dos pavillóns. A concelleira Elisa Crego e o edil Cristóbal Edrosa afirman “que non se contou con todas as asociacións implicadas, e porque mesmo o trato non foi todo o educado que debería ser. Mesmo se perciben ramalazos de autoritarismo e de prepotencia, algo así como ou o tomas ou o deixas”.

Nota de Prensa

O GMPP critica a distribución de horarios dos pavillóns.

     Elisa Crego e Cristóbal Edrosa afirman que non se contou con todas as asociacións implicadas.

     Cren que así se vai pola imposición en vez de polo diálogo.
     O GMPP de Burela criticou hoxe a distribución de horarios dos pavillóns polideportivos de propiedade municipal para o uso de asociacións, por considerala imprevisora, apurada e non contar coas asociacións.

     Os edís populares Elisa Crego e Cristóbal Edrosa afirman nunha nota de prensa que efectivamente non se contou coas asociacións para a distribución de horarios. Crego e Edrosa indican que todos os anos se facían reunións para a distribución dos pavillóns, e en realidade eran as propias asociacións as que se poñían de acordo, cedendo todos algo, tendo en conta que os horarios son limitados.

     Crego e Edrosa aseguran que hai colectivos que se sinten incómodos e mesmo marxinados, porque non se contou con eles, e porque mesmo o trato non foi todo o educado que debería ser. Mesmo se perciben ramalazos de autoritarismo e de prepotencia, algo así como “ou o tomas ou o deixas”

     Para os edís do PP, a vía da imposición non conduce a nada, dado que a vía normal para solucionar estes temas é a vía do diálogo. Por eso, Edrosa e Crego consideran que é bon que o BNG se desenmascare, e deixe ver o seu carácter real, que pasa pola intolerancia e a ausencia de diálogo. Finalmente, aseguran que non deixa de ser chocante que os que se din defensores do asociacionismo sexan os primeiros en impoñer os seus criterios sen dar oportunidade de réplica. 

     Polo GMPP de Burela, Elisa Crego e Cristóbal Edrosa.

Exit mobile version