Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cualifica de “paripé” a visita da conselleira de Pesca a Burela

BURELA .- O Partido Popular de Burela cualifica de “paripé” a visita que realizou esta semana a conselleira de Pesca, e ve ben que se remate a nave de redeiras en decembro. O PP afirma “as obras da nave de redes é unha boa noticia para o sector” e “lamenta o escaso contido da visita da conselleira de Pesca a Burela, e mesmo se trata dun “paripé”, xa que non houbo ningún compromiso serio”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO  POPULAR DE BURELA

O PP considera “mui escaso” o resultado da visita da Conselleira de Pesca.
Os populares consideran positivo o remate da nave de redes, pero notan “ausencia de aposta polo futuro do sector pesqueiro”.
Aseguran que o alcalde nada pintou na construcción da nave de redes.

O PP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que o remate, en decembro, das obras da nave de redes é unha boa noticia para o sector, pero lamenta o escaso contido da visita da Conselleira de Pesca a Burela, e mesmo se tratá dun “paripé”, xa que non houbo ningún compromiso serio para millorar a rendabilidade do sector pesqueiro, e non se fixo ninguna aposta decidida para garantir o seu futuro.
Para o PP, a nave de redes foi froito da boa relación institucional que no seu momento houbo entre a Xunta e o Concello de Burela, e tamén do traballo conxunto do sector, do concello e das consellerías de Pesca e Industria. Esa boa relación fixo posible que a primeira reunión sobre a nave de redes tivera lugar, no propio concello, a instancias de González Barcia, e previa petición da Consellería de Pesca. O que sí é certo é que o actual alcalde atopouse con este proxecto xa en marcha, no que el nada pintou, coma en moitas outras cousas que se están a facer en Burela; tamén nos sorprende que o alcalde de Burela se preocupe tanto polos plans de acuicultura para a zona, cando estamos vendo empresas que din que non se poderán instalar, e que mesmo o plan de acuicultura está sendo contestado polo BNG e por moitas das zonas afectadas, tanto, que mesmo invade zonas incluidas dentro da Rede Natura.
O alcalde de Burela debería atender máis ó seu traballo en Burela que a tentar facer méritos dentro do seu partido. Seguro que os socialistas de Foz ou de Ribadeo andan máis espabilados ca el nestes e noutros asuntos.
O Partido Popular de Burela.

Exit mobile version