Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cree un “exceso verbal” que Rego afirme que se triplicaron os investimentos na comarca

A MARIÑA .- O Partido Popular de A Mariña cualificou de “claro exercicio de exceso verbal” as “palabras de Ismael Rego nas que afirmaba que o executivo bipartito triplicou os investimentos para a nosa comarca en relación coa época de goberno autonómico do Partido Popular a un”. Os populares afirman que “o goberno de Touriño e de Quintana foi, en toda a historia democrática, o que menos investiu na nosa comarca”.

Nota de Prensa

O deputado socialista Ismael Rego cometeu un “exceso verbal” que demostra que desde o PSOE perciben unha realidade moi distinta da que poden observar os veciños da nosa comarca
O GOBERNO DE TOURIÑO E DE QUINTANA FOI O QUE MENOS INVESTIU NA MARIÑA LUCENSE EN TODA A HISTORIA DEMOCRÁTICA

o O PP lembra que analizando polo miúdo a falta de execución orzamentaria e a caída nos investimentos destes tres últimos anos as achegas para A Mariña son nun 37,22% menores ca no 2005, último ano de Goberno popular.

A Mariña, 15 de setembro de 2008.- O Partido Popular da Mariña atribúe as palabras de Ismael Rego nas que afirmaba que o Executivo bipartito triplicou os investimentos para a nosa comarca en relación coa época de Goberno autonómico do Partido Popular a un “claro exercicio de exceso verbal por parte do deputado socialista”. Tanto é así que desde a formación popular comarcal chegan a afirmar que “cos datos na man, e analizando polo miúdo a falta da execución orzamentaria de gran parte das partidas contidas nas contas autonómicas e a caída nas achegas da Xunta de Galicia nos respectivos orzamentos elaborados polo bipartito, o Goberno de Touriño e de Quintana foi, en toda a historia democrática, o que menos investiu na nosa comarca”.

UN 15,5% MENOS EN 2008

Así o demostra o feito de que, circunscribíndonos ao último exercicio orzamentario, “o gasto medio por habitante caeu de 297 euros en 2007 a 251 euros en 2008, o que supón unha diminución  de 46 euros por mariñán. É máis, a nosa comarca dispuxo de preto de 3,5 millóns de euros menos da Xunta de Galicia con respecto ao que contemplaban as contas autonómicas en 2007. Falamos dun caída no investimento real do 15,55%”

11 MILLÓNS DE EUROS MENOS CA NO 2005

Inclusive facendo a comparativa con respecto ao ano 2005, os datos arroxan un saldo en favor dos investimentos realizados polo último Executivo galego que presidiu Manuel Fraga. Mentres que co Goberno do PPdeG chegaban preto de 30 millóns de euros en investimentos reais, isto é partidas orzamentarias territorializadas en favor dalgún dos concellos da Mariña lucense, co bipartito os 18,8 millóns de euros, isto é, menos do 37,22% ou, en termos de gasto por habitante 149 euros menos.

CHEGA MENOS DIÑEIRO, NON O EXECUTAN TODO

As cifras son aínda máis negativas se temos en conta que non todas as partidas orzamentarias con destino específico na Mariña lucense foron executadas polo Goberno bipartito. De feito o PPdeG calcula que máis do 60% das achegas comprometidas nos orzamentos de 2007 non se chegaron a executar, “algo que de seguro tamén acontecerá no 2008, visto o baixo grado de execución orzamentaria a tres meses de finalizar o ano”.

Os investimentos pendentes superaría os 14 millóns de euros e inlcuen partidas tan importantes como a obras do vial de acceso ao porto de Burela (5 millóns de euros) o treito autonómico do corredor Ferrol-San Cibrao (2,5 millóns de euros) ou a ampliación do Hospital da Costa (1 millón de euros), por poñer uns exemplos.

Se facemos unha simple operación matemática e restamos á cantidade destinada á Mariña nos orzamentos de 2008 (18,8 millóns de euros) o total de investimentos sen executar, polo tanto, o déficit que arrastramos da anterior anualidade, o investimento por cada mariñán reduciríase a 62,54 € é dicir un

A REALIDADE BEN DISTINTA DE COMO A VEN OS SOCIALISTAS

Segundo o Partido Popular da Mariña lucense “a realidade é ben distinta da que nos queren facer crer os socialistas: a nosa comarca foi marxinada ano a ano polas contas do PSOE e do BNG, o que implica que estamos a perder peso no conxunto das comarcas de Galicia”.

“Tal e como acontece coa crise económica, o PSOE seguirá dicindo que aquí non pasa nada, que na Mariña cada vez dispoñemos de máis cartos públicos, pero o certo é que están a faltar a verdade e que, como consecuencia disto, se están a resentir servizos públicos tan básicos como e a sanidade, gravemente deteriorada nos últimos anos ou a propia construción de novas infraestruturas, pois en tres anos de Goberno bipartito non temos nin un só quilómetro construído do corredor costeiros, futura vía chamada a vertebrar o norte da nosa provincia”- explican desde o PP comarcal.

PARTIDO POPULAR DA MARIÑA

Exit mobile version