Site icon Crónica3.com A Mariña

O portavoz de PP en Burela afirma que o helicóptero Pesca2 incumpre o contrato

A MARIÑA .- O portavoz do PP no concello de Burela, José María González Barcia, afirma que o helicóptero Pesca2 pertencente a Xunta de Galicia, con base en Celeiro “incumpre o contrato vixente, porque non hai atención inmediata as vinte e catro horas do día, porque hai noites nos que o helicóptero está inoperativo, porque se estivo máis dun ano sen un rescatador, e porque a situación de mobilidade dos pilotos crea unha situación de provisionalidade”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA

O GMPP asegura que a situación do Pesca II incumple o contrato vixente.

O portavoz do GMPP, José María González Barcia, considera que a Consellería de Pesca define como “de segunda” ós mariñeiros da Mariña.

Para Barcia, o alcalde de Burela é “la voz de su amo” e considera “cínica” a postura do Bloque.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que a postura afdoptada polos socialistas e os nacionalistas no pasado pleno sobre a moción presentada polo PP para solicitar a ampliación da tripulación do Pesca II demostra “descoñecemento e falla de interés, ademais de cinismo e ausencia de defensa dos intereses do sector mariñeiro”. Barcia asegurou que a situación do Pesca II incumple o contrato vixente, porque non hai atención inmediata as vintecatro horas do día, porque hai noites nos que o helicóptero está inoperativo, porque se estivo máis dun ano sen un rescatador, e porque a situación de movilidade dos pilotos crea unha situación de provisionalidade que antes non había.Todas estas circunstancias fan que non se cubran adecuamento as situación de risco e avalan a petición do PP de aumento da tripulación  do Pesca II.

Barcia lembrou que no caso do afundimento do “Cordero”, o Pesca II tardou dúas horas e media en chegar, e que o tempo de reacción é importante para garantir a propia eficacia do salvamento. Ademais, o Pesca II chegou sen cámara de infrarroxos e sen focos de alumiado nocturno, imprescindibles neste caso, e que estaban en Estados Unidos.

Por outra parte, Barcia lembrou que a “Punta Roncadoira” non poido actuar no afundimento do “Sombrita” no Vicedo porque estaba, literalmente, inoperativa por falla de tripulación.

Polo tanto, estos datos, segundo Barcia, poñen de relevo que a situación do salvamento marítimo na costa lucense é insuficiente, co conseguinte risco para os nosos mariñeiros.

A decisión da Consellería de Pesca de aumentar a dotación do Pesca I con base en Vigo é a que se tén que adoptar no caso do Pesca II, para cubrir as emerxencias as vintecatro horas do día os trescentos sesenta e cinco días do ano  cun tempo de reacción mínimo que garanta a eficacia no rescate. De non ser así, a Xunta do PSOE e do BNG condenan ós mariñeiros da Mariña  a ser de segunda categoría, e a estar máis indefensos ante as situación de risco.

González Barcia considera que a operatividade totoal do Pesca II é fundamental porque o helicóptero é o medio máis rápido de rescate e salvamento marítimo e ademais atende tamén servicios para o Hospital da Costa.

Barcia afirmou que o alcalde de Burela non sabe de que fala e coas súas declaración fai que os que entenden desto se rían a gargalladas. Barcia calificou a postura do alcalde de Burela de “la voz de su amo”, de ser un home sumiso ó aparato socialista, falto de criterio, e incapaz de ser obxectivo para defender o traballo e as vidas dos mariñeiros de Burela e da Mariña; é decir, non é un alcalde de fiar, porque lle dás as costas ós cidadáns ós que tén a obriga de representar. Vén de meterse nun xardín sen que o chamaran, actuando de portavoz da consellería de Pesca, cando debería ser a propia consellería a que se defendese con argumentos sólidos.

Con todo, segundo Barcia, o sector sabe o que hai, e o alcalde e a consellería de Pesca non engañan ós mariñeiros, que saben a quen teñen; no caso do alcalde, a un alcalde que rexeitou apoiar ó sector nas súas reivindicacións de hai tres meses, e que tivo a preocupación de garantirlle a José Blanco un xantar tranquilo en Sargadelo. En definitiva, fai o papel dun “mandadiño”.

Por último, Barcia calificou de cínica a postura do BNG, xa que estes foron mui críticos co salvamento marítimo na época do PP, e agora, cunha situación mala, deficitaria en servicios, e que pón en risco ós mariñeiros, calan a boca e o que é peor, non plantexan alternativas.

En Burela, a trintaeun de Agosto de dous mil oito.

Exit mobile version