RIBADEO .- O concelleiro de Economía e voceiro do BNG no Concello de Ribadeo, Vicente Castro, descubre que o representante de UPRI, Francisco Rivas “cobrou en xaneiro deste ano por unha viaxe a Madrid e por anticipado gastos de quilometraxe que non fixo no seu vehículo xa que viaxou de acompañante dun coñecido promotor desta vila”. Ademais Vicente Castro asegura que Francisco Rivas “gastou no 2.002 o dobre do presupostado en dietas este ano para o concelleiro de medio ambiente”.
Nota de Prensa
VICENTE CASTRO ASEGURA QUE FRANCISCO RIVAS GASTOU NO 2002 O DOBRE DO PRESUPOSTADO EN DIETAS ESTE ANO PARA O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE.
Ribadeo, 4 de setembro de 2008. O edil de Economía e voceiro do BNG no Concello de Ribadeo, Vicente Castro, compara hoxe os gastos en dietas dos dous últimos anos de Francisco Rivas, coma concelleiro de Medio Ambiente, cos realizados ata o momento polo actual responsable deste departamento. Castro asegura que <imos comparar os anos 2002 e 2003 de Francisco Rivas, cos anos 2007 e 2008 de Horacio Cupeiro. No ano 2002 o Sr.Rivas cobrou en dietas o dobre do presupostado neste 2008 para o concelleiro de Medio Ambiente, e no ano 2003 que tamén foi ano de eleccións coma o pasado para un período igual de medio ano Paco Rivas cobrou cáseque o triple do gastado por Cupeiro>.
Segundo os datos que manexa Vicente Castro, no 2002 (ano completo) Francisco Rivas cobrou en concepto de dietas 4.473 euros e para este 2008 o concelleiro de Medio Ambiente ten presupostados 2.300 euros. E no ano 2003 (ano de eleccións) de xaneiro a maio Francisco Rivas percibiu en dietas 3.304 euros, namentras que no 2007 (tamén ano de eleccións) por outro medio ano, Horacio Cupeiro cobrou en dietas 1.300 euros.
Castro di <que eses son os datos que están á vista do Sr.Rivas e de quen os queira comprobar. E ao respecto das dietas do alcalde e do resto da Corporación Municipal que tanto traen de cabeza ao Sr.Rivas e que segundo él están disfrazadas, teño que decir que con cargo a esa partida o Sr.Rivas cobrou en xaneiro deste ano por unha viaxe a Madrid e por anticipado gastos de kilometraxe que non fixo no seu vehículo xa que viaxou de acompañante dun coñecido promotor desta vila. Esa é a moral coa que o Sr.Rivas fala de dietas>.