Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello ofreceu unha recepción ós nenos saharauís que pasaron o verán en Ribadeo

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez, ofreceu unha recepción no Concello aos nenos saharauís que pasaron o verán con familias ribadenses. Fernando Suarez recordou que “estes nenos estiveron aquí en Ribadeo varias semanas e puideron coñecer a noso Concello e a nosa comarca. Desde o Concello humildemente costeamos unha viaxe en tren a Viveiro para eles e para as súas familias e hoxe convidámolos a este acto, a esta recepción protocolaria no Concello na que lles desexamos boa viaxe de retorno e lles dixemos que Ribadeo os acollerá de novo cos brazos abertos en anos vindeiros”

Nota de Prensa

O ALCALDE OFRECEU UNHA RECEPCIÓN AOS NENOS SAHARAUIS QUE PASARON O VERÁN CON FAMILIAS RIBADENSES.

Ribadeo, 3 de setembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ofreceu esta mañá unha recepción no Concello aos nenos saharauis que pasaron o verán con familias ribadenses <que en moitos casos repiten ano tras ano con esta labor solidaria e de axuda a este pobo>.
O rexedor di que <se trata dun pobo ocupado desde hai anos por Marrocos e pendentes das resolución das Nacións Unidas para que poidan ter o seu territorio propio, autónomo e dispoñer libremente en pé de igualdade. Mentras eso non sexa así o Frente Polisario desde hai moitos anos e con moitos concellos españois está a facer unha labor de intercambio ou de traer a nenos que nunca viron máis que tendas de campaña no medio dun deserto en Tinduf e ofrécelles a posibilidade de que poidan ver outra civilización, outro mundo…>.
Fernando Suárez engade que <estes nenos estiveron aquí en Ribadeo varias semanas e puideron coñecer a noso Concello e a nosa comarca. Desde o Concello humildemente costeamos unha viaxe en tren a Viveiro para eles e para as súas familias e hoxe convidámolos a este acto, a esta recepción protocolaria no Concello na que lles desexamos boa viaxe de retorno e lles dixemos que Ribadeo os acollerá de novo cos brazos abertos en anos vindeiros>.

Exit mobile version