Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro e a Deputación criarán a primeira oficina provincial da emigración

VIVEIRO .-O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Área de Réxime Interior, Melchor Roel, anunciaron este luns no almorzo informativo cos empresarios da Mariña interesados no programa de “Empresa Familiar e Sucesión” a posta en marcha dunha nova oficina provincial que atenderá a todos os lucenses que residan no exterior.
Deste xeito, Gómez Besteiro destacou que este servizo será descentralizado da institución e canalizarase a través da oficina xa existente no Concello de Viveiro. “Non imos duplicar entes cando existe xa un oficina exemplar na provincia de Lugo. Iniciamos así, a descentralización ó tempo que contribuímos a dotar a oficina que xa existe e lle damos máis forza. A institución traballa para toda a provincia e nós non temos obsesión centralista”.

NOTA DE PRENSA

A Deputación únese ó Concello de Viveiro para crear a primeira oficina provincial da emigración

– En sintonía co acordado na viaxe do Presidente a Sudamérica, a oficina tamén ofrecerá asesoramento sobre posibles investimentos de carácter económico na nosa provincia

– A oficina está dirixida a canalizar a información entre a provincia de Lugo e a comunidade lucense que vive no exterior

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Área de Réxime Interior, Melchor Roel, anunciaron este luns no almorzo informativo cos empresarios da Mariña interesados no programa de “Empresa Familiar e Sucesión” a posta en marcha dunha nova oficina provincial que atenderá a todos os lucenses que residan no exterior.

Deste xeito, Gómez Besteiro destacou que este servizo será descentralizado da institución e canalizarase a través da oficina xa existente no Concello de Viveiro. “Non imos duplicar entes cando existe xa un oficina exemplar na provincia de Lugo. Iniciamos así, a descentralización ó tempo que contribuímos a dotar a oficina que xa existe e lle damos máis forza. A institución traballa para toda a provincia e nós non temos obsesión centralista”.

Esta medida é unha das primeiras consecuencias da viaxe institucional que a Deputación de Lugo fixo a Sudamérica e responde a unha das principais demandas dos emigrantes lucenses. “A través dun convenio de colaboración as dúas administracións porán en servizo esta oficina provincial que respalda o excelente traballo realizado polo servizo municipal de emigración e inmigración do Concello de Viveiro”.

O obxectivo desta oficina é mellorar a información e comunicación da comunidade lucense co exterior. “Establecer cauces de información coma este permite resolver moitas veces pequenas cousas para os lucenses que tiveron que emigrar como problemas. É o caso das herdanzas, cemiterios, partidas de nacemento, etc. Ademais, e isto é moi importante, prestará tanto información económica como dos posibles investimentos na provincia”, engadiu o titular provincial.

Pola súa banda, o Deputado de Réxime Interior agradeceu o continuo compromiso do Presidente da Deputación coa Mariña e recoñeceu o importante servizo que presta a oficina viveirense. “O novo servizo é un recoñecemento ós gobernos municipais que realmente se preocuparon polos emigrantes desde o principio e non só no período de eleccións. A oficina de Viveiro leva moitos meses traballando con excelentes resultados. Asimesmo, o traballo desta oficina foi respaldado en numerosas ocasións por asociacións e ONGs como Médicos sen Fronteiras”

Exit mobile version