RIBADEO .- O concello de Ribadeo medirá os metros cadrados que ocupan os postos do mercadiño da praza de abastos para “proceder á súa inclusión e regularización de conformidade coas normas e a lexislación” como consta no decreto do alcalde ribadense Fernando Suarez. O capataz e persoal de obras, acompañados de axentes da Policía Local, efectuarán as medicións dos metros cadrados que ocupa cada posto.
Nota de Prensa
O CONCELLO REVISA A SUPERFICIE OCUPADA POLOS POSTOS DO MERCADIÑO DA PRAZA DE ABASTOS, XA QUE ALGÚNS OCUPABAN MÁIS METROS CADRADOS DOS ACORDADOS NO SEU DÍA.
Ribadeo, 3 de setembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou hai uns días un decreto para proceder á medición dos postos do mercadiño da Praza de Abastos. No decreto di que <transcurridos anos desde a última revisión da superficie ocupada polos postos que conforman ese mercadiño, que polo capataz e persoal de obras, acompañados de axentes da Policía Local, se efectúen medicións dos metros cadrados que ocupa cada posto, que se sinalen e sitúen tódolos postos que non aparezan no cargo/plano do mercadiño municipal a efectos de proceder á súa inclusión e regularización de conformidade coas normas e a lexislación de aplicación e que se proceda a sinalar os postos de xeito que os usuarios ocupen só o terreo asignado>.
Fontes municipais apuntan que as medicións realízanse en metros cadrados porque así o esixe a ordenanza reguladora da Praza de Abastos desde hai moitos anos. E engaden que moitos vendedores estaban a ocupar máis espazo do acordado no seu día, de aí que agora se proceda a revisar estas superficies.