CERVO .- Mañá martes, ás 12 horas terá lugar unha concentración silenciosa á porta da Casa do Concello. O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, vén de adherirse aos actos de protesta convocados desde a Federación galega e estatal de municipios e provincias. Mañá martes, ás 12 horas do medio día, terá lugar unha concentración silenciosa á porta da Casa do Concello a través da que amosar a repulsa polo asasinato do brigada Luís Conde perpetrado por ETA na localidade de Santoña.
Alfonso Villares condenou este atentado xunto aos cometidos no día de onte en Ondarroa (Vizcaia) e Vitoria, e quixo trasladar a súa solidariedade a todas as persoas afectadas, en especial, aos feridos e ás súas familias.
Tamén manifestou o seu apoio a todas as forzas e corpos de seguridade, garantes dos dereitos e das liberdade dos cidadáns, e lembrou que coa violencia non se dobregará ao Estado de Dereito