Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela contrata a un diplomado e a un técnico en educación

BURELA .- O Concello de Burela procederá á contratación de duas persoas, unha diplomada en maxisterio e outra técnico superior en educación infantil para o desenvolvemento do proxecto de apertura de centros educativos públicos fora do horario lectivo. A edil de Persoal, Remedios López Villar, informa que “o procedemento para a selección será mediante concurso de méritos e entrevista”. O contrato faráse baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, será de media xornada e terá carácter temporal ata o 31 de decembro de 2008.
Tanto nun caso como no outro ábrese un prazo de 5 días naturais para a presentación de solicitudes no Concello de Burela.
Profesor de apoio
O Concello de Burela tamén contratará a un/unha profesor de apoio con destino ao programa de integración do inmigrante. O contrato formalizaráse baixo a modalidade de obra ou servizo determinado e terá carácter temporal ata o 31 de decembro de 2008 <a súa continuidade estará condicionada en función da subvención que nos conceda a Secretaría Xeral de Emigración>, segundo explica a concelleira de Persoal, Remedios López. A xornada laboral será de 15 horas semanais (3 diarias de luns a venres), e agora ábrese un prazo de 8 días para que os interesados presenten as solicitudes no rexistro da Casa do Concello.

Exit mobile version