RIBADEO .- O responsable municipal de Economía do concello de Ribadeo ve “obsesionado” coas dietas ao portavoz da Upri, e recorda que as dietas de Francisco Rivas “durante o 2008 soben tamén un 130% igual que ocorre coas do concelleiro delegado de Medio Ambiente. O que pasa é que isto non lle interesa mencionalo. O señor Rivas terá esa suba con respecto ao ano anterior xa que tanto el coma o responsable de Medio Ambiente só tiveron medio ano de dietas”.
Nota de Prensa
O CONCELLEIRO DE ECONOMÍA AFIRMA QUE O VOCEIRO DA UPRI ESTÁ OBSESIONADO COAS DIETAS DO EQUIPO DE GOBERNO.
Ribadeo, 1 de setembro de 2008. O concelleiro de Economía e voceiro do BNG, Vicente Castro, considera que <o Sr. Rivas está obsesionado coas dietas do equipo de goberno, tanto que confunde todo de xeito intencionado, claro. Fai unha interpretación interesada e mal intencionada do tema e en ningún momento menciona o que lle supón a él a suba das dietas>.
Castro lémbralle ao voceiro da UPRI que <as súas dietas durante o 2008 soben tamén un 130% igual que ocorre coas do concelleiro delegado de Medio Ambiente. O que pasa é que esto non lle interesa mencionalo. O Sr. Rivas terá esa suba con respecto ao ano anterior xa que tanto él coma o responsable de Medio Ambiente só tiveron medio ano de dietas…… entón é normal que si antes a asignación foi do 50% agora sexa do 100% que é a dotación dun ano completo e o 30% restante é a suba que vai estipulada para as asignacións de todos os concelleiros da Corporación Municipal. En canto aos gastos de kilometraxe dígolle o mesmo: soben todas as asignación incluidas as súas, as do Sr. Rivas>.
O edil de Economía engade que <se quere seguir falando das dietas que o faga e podemos falar tamén das que él cobraba cando formaba parte do goberno municipal e das kilometraxes que pasaba cando viaxaba de acompañante doutro conductor>.