Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG nega a existencia de xestións para a creación dun centro de día en Cervo

CERVO.- O BNG de Cervo na nota de prensa publicada hoxe “lémbralle ao alcalde de Cervo que a única maneira de conseguir o centro de día para os maiores pasa pola sinatura do Consorcio de Igualdade e Benestar coa Vicepresidencia da Xunta”. Polo tanto será preciso previamente un acordo plenario para integrarse no consorcio de igualdade.

NOTA DE PRENSA.

O BNG LEMBRALLE A VILLARES QUE A ÚNICA VÍA PARA CONQUERIR O CENTRO DE DÍA PASA POLA SINATURA DO CONSORCIO DE IGUALDADE E BENESTAR COA VICEPRESIDENCIA DA XUNTA.

Servizos tan importantes como un Centro de Día, unha Galescola ou o xantar a domicilio para as persoas maiores dependen da sinatura do Consorcio de igualdade e Benestar.

O BNG volve a insistir na necesidade de que o concello de Cervo se integre no Consorcio de Igualdade para garantir a posta en marcha de servizos sociais esenciais para a poboación que nestes momentos están paralizados, e sen perspectivas de crearse pola negativa do PP a integrarse no Consorcio ofertado por Vicepresidencia.

Mentres a actitude torpe e partidista do PP de Cervo segue a negar a sinatura coa Vicepresidencia da Xunta do Consorcio de Igualdade, os nenos e nenas que acoden ao Punto de Atención Infantil receben un servizo que non se corresponde coas tarifas que se aplican dende o concello, as persoas maiores con dificultades físicas vense privadas do xantar a domicilio e sen perspectivas de creación dun Centro de Día que atenda as súas necesidades coa calidade e profesionalidade que requiren a pesar de que a Vicepresidencia non puxo ningún impedimento a estas infraestructuras cando o concello acepte a súa integración no Sistema Galego de Benestar.

O Alcalde de Cervo continúa maniatado pola estratexia partidista do PP que obriga aos seus alcaldes a non integrarse no Consorcio cun discurso que xa rexeitaron múltiples alcaldes populares que prefiren ofertar servizos aos seus veciños que continuar por un camiño que só beneficia ás cúpulas dirixentes do Partido Popular, polo que dende o BNG lle esiximos ao Alcalde menos partidismo e mais compromiso cos veciños.

O BNG nega a existencia de negociacións coa Vicepresidencia para a posta en marcha dun Centro de Día.

E falso que o Alcalde, Alfonso Villares, negocie coa Vicepresidencia da Xunta a posta en marcha dun Centro de Día; nin existen na actualidade nin se prevén mentres o equipo de goberno non cambie a súa actitude partidista. O Alcalde o único que pretende é gañar tempo enganando aos veciños cunhas negociacións inexistentes que en calquera caso deberán ser posteriores ao acordo plenario de integración no Consorcio que aínda non se produciu a pesar dos reiterados intentos do BNG para que se faga.

Exit mobile version