Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG dille ao PP que demande un Partido Xudicial na Mariña con sé en Ribadeo

SANTIAGO .- En nota de prensa remitida a este medio o BNG acusa ao PP “de falta de rigor por rexeitar a creación dun Partido Xudicial para a Mariña oriental con sé en Ribadeo, esquecendo as necesidades dos cidadáns desa comarca. O BNG lamenta que o PP propoña a creación de 36 unidades xudiciais en dous anos e se esqueza de Ribadeo, Viveiro, Mondoñedo, lugares para os que non solicita ningunha”.
Para os deputados nacionalistas Iago Tabarés e Manuel Parga “cómpre sen máis dilacións a creación dun Partido Xudicial con sé en Ribadeo e a creación dun Xulgado de Primeira Instancia e de Instrución. Asemade, consideran que debe modificarse a xurisdición do Partido Xudicial de Mondoñedo e Viveiro, permitindo a desconxestión deste último, que a día de hoxe está asumindo unha importante carga de traballo”.
Os parlamentares nacionalistas fixeron estas declaracións a raíz da moción do Partido Popular debatida na sesión plenaria desta semana na que se solicitaban 36 novas unidades xudiciais sen mencionar as necesidades da Mariña.

Exit mobile version