Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia a perigosidade de accesos á estrada N634 en Barreiros

BARREIROS .- O BNG de Barreiros presentará dous escritos diante da Demarcación de Estradas de Galicia e diante da Dirección Xeral de Tráfico para que tomen cartas no asunto e esixan o arranxo do acceso desde a parroquia de Barral en Celeiro de Mariñaos ata a N-634, no punto quilométrico 574. Antonio Veiga asegura que “ese entronque faise nun ángulo moi pechado e hai un desnivel duns catro ou cinco metros. Esa obra que comezou o Concello hai máis dun ano en época electoral está sen rematar, non ten sinalización nin protección e día tras día, semana tras semana os coches que acceden a esa estrada nacional ou a esa vía local pasan serias dificultades e créanlle tamén un problema ao tráfico que circula pola zona”.

O voceiro do BNG engade que “en vista de que o Concello non lle da moita importancia imos dirixirnos á Demarcación de Estradas e á Dirección Xeral de Tráfico para trasladarlles esta problemática que denuncian día a día os veciños e desde o Concello fan caso omiso”.

Orzamentos inflados

Antonio Veiga considera que “é unha obra que non custaría moitos cartos… por iso non entendemos que nuns presupostos que son a panacea parece ser, aínda que nós dixemos que estaban inflados e no Concello din que non… senón hai cartos para unha pequena obras pois creo que a razón está da nosa parte. Queremos tamén instar ao concelleiro de Obras, xa que temos un concelleiro con adicación exclusiva, que ademais e segundo os reparos de Intervención non xustifica os seus desprazamentos, que se desprace á parroquia de Celeiro de Mariñaos que xa testemuñaremos nós, xa lle certificaremos que sí fixo ese desprazamento, pero que tome as medidas oportunas como son: proceder ao balizamento e sinalización dese víal e rematar as obras iniciadas”. O voceiro nacionalista engade que “levaremos este asunto ao pleno de mañá e dirixiremos os escritos pertinentes e a ver si no Concello de poñen a traballar e deixan a polémica que teñen montada internamente e se poñen a executar eses orzamentos tan bós a favor dos veciños de Barreiros”.

O pleno ordinario que se celebrará mañá no Concello de Barreiros está previsto para as sete e media da tarde.

Exit mobile version