BARREIROS .- O BNG de Barreiros demandará no pleno deste mes o remate de obras pendentes “que se iniciaron na campaña electoral, alá por maio de 2007”, segundo indicou o voceiro nacionalista, Antonio Veiga, que explicou “que unha obra que é bastante perigosa e que non se rematou e a do acceso desde o barrio de Barral en Celeiro de Mariñaos, un vial moi empregado polos veciños de Barreiros pero tamén polos da parroquia focense de Vilaronte. A obra empezou hai máis dun ano e nunca se deu rematado”.
Nota de Prensa
O BNG INSTA AO CONCELLO DE BARREIROS A REMATAR TODAS AS PEQUENAS OBRAS INICIADAS NA PASADA CAMPAÑA ELECTORAL.
Barreiros, 2 de setembro de 2008. O BNG de Barreiros demandará no pleno deste mes o remate de varias obras pendentes <que se iniciaron moitas delas en campaña electoral alá por maio de 2007>, segundo explica Antonio Veiga. O voceiro nacionalista alude <a unha obra que é bastante perigosa e que non se rematou. Trátase do acceso desde o barrio de Barral en Celeiro de Mariñaos á estrada N-634, no punto kilométrico 574. É un vial moi empregado polos veciños de Barreiros pero tamén polos da parroquia focense de Vilaronte. A obra empezou hai máis dun ano e nunca se deu rematado>.
Antonio Veiga asegura que <as explicacións que nos deron nas dúas sesións plenarias ás que levamos este asunto non foron moi convincentes, e nós consideramos que esta obra é prioritaria sobre outras debido á perigosidade que supón para entrar e saír na N-634, xa que hai uns desniveis duns 4 ou 5 metros, non hai protección, nin sinalización de ningún tipo…..O que non queremos é ter que lamentarnos por unha desidia do Concello. Non entendemos coma o concelleiro de obras non ten tomado xa cartas no asunto>.
O Bloque presentará para o seu debate no pleno de setembro unha moción <instando ao Concello a que remate todas aquelas obras empezadas en maio de 2007 que están sen rematar e que non presentaban complicacións para atoparse así en setembro de 2008>, engade Antonio Veiga.
————–