BURELA .- O alcalde do concello de Burela, Alfredo Llano, espera que Burela chegue este ano ós 10.000 habitantes pois según “o último censo de empadroamento estamos nos 9.500 e queda pouco para chegar á mítica cifra dos dez mil”, asegurou. Alfredo LLano pide “á xente de Burela que está fóra e que ten casa aquí a que se empadroe con nós e ós centos de cidadáns que levan moitos anos vivindo nesta vila tamén queremos convidalos a que se censen aquí”. O alcalde bureles recorda que o chegar os 10.000 habitantes “Burela poderá ser máis forte e máis influinte”.
Nota de Prensa
BURELA AGARDA CHEGAR ESTE ANO ÓS 10.000 HABITANTES.
Burela, 1 de setembro de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano agarda chegar este ano ós 10.000 habitantes, xa que <segundo o último censo de empadroamento estamos nos 9.500, queda pouco polo tanto para chegar á mítica cifra dos dez mil. Un dos nosos obxectivos é consolidar a poboación en Burela, xa que acadar esa cifra implica moitas ventaxas á hora por exemplo de acceder a determinado tipo de subvencións…>.
Llano confía en acadar a cifra dos dez mil habitantes <en pouco tempo, e imos facelo animando á xente de Burela que está fóra e que ten casa aquí a que se empadroe con nós e despois ós centos de cidadáns que levan moitos anos vivindo nesta vila tamén queremos convidalos a que se censen aquí. Hai moita xente de Valladolid e doutros puntos de Galicia e de España que levan entre nós moitos anos… e así deste xeito todos podemos colaborar en construir pobo. Burela poderá ser máis forte e máis influinte en todo o que sexa positivo para todos os habitantes que compartimos este municipio>.