Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo ordena repoñer os bancos na zona do Forte San Damián

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, deu orde esta mañá á brigada de obras para proceder a repoñer os bancos na zona dos eucaliptos, fronte ao Forte de San Damián. O rexedor asegura que “nun pleno celebrado o 1 de agosto de 1994, cando o actual voceiro do PSOE, Balbino Pérez Vacas era tenente de alcalde, aprobaron a adquisición dese eucaliptal a un particular polo que esa finca é propiedade do Concello desde entón”.

Suárez Barcia pide “desculpas ao PP por ter retirado os bancos antes de comprobar a propiedade do terreo e sobre todo aos veciños e usuarios dese mobiliario público que moitos empregan para descansar despois de pasear pola zona. Terei que medir moito de quen veñen as cousas cando me din algo e parece mentira que alguén que votou un asunto nun pleno hai xa anos me metera nesta regueifa que vivimos ao longo dos últimos días”.

Exit mobile version