RIBADEO .- A nova de que non se construirá unha nave no porto de Mirasol non colleu de sorpresa o alcalde ribadense, Fernando Suarez, que afirmou que “coma alcalde e actuando coma voceiro da unanimidade dos membros da Corporación teño que dicir que a nova non nos éstrana, non nos alegra e tampouco nos entristece porque xa sabíamos que non podía ser. O Concello nunca ía dar licencia de obra para facer este monstro de oito plantas de altura e dunha superficie dun campo de fútbol que nos ía estropear unha parte importante do casco vello e iso non é compatible con outro tipo de crecemento”.
Nota de Prensa
O ALCALDE SEMPRE ESTIVO CONVENCIDO DE QUE NON SE ÍA CONSTRUIR NO PORTO DE MIRASOL UNHA NAVE DE GRANDES DIMENSIÓNS.
Ribadeo, 17 de setembro de 2008. O alcalde, Fernando Suárez, sempre estivo convencido de que non se ía construir no porto de Mirasol unha nave de grandes dimensións. O rexedor di que <coma alcalde e actuando coma voceiro da unanimidade dos membros da Corporación teño que decir que a nova non nos estrana, non nos alegra e tampouco nos entristece… porque xa sabíamos que non podía ser. O Concello nunca ía dar licencia de obra para facer este monstruo de 8 plantas de altura e dunha superficie dun campo de fútbol que nos ía estropear unha parte importante do casco vello e eso non é compatible con outro tipo de crecemento>.
Fernando Suárez reitera <a oportunidade e as facilidades que ten o porto de Ribadeo sin esa nave cuberta que non era máis que para abrigarse da chuvia en momentos moi concretos do ano, pero que en ningún caso restaría productividade dado que nin Portos de Galicia tiña un estudio realizado das horas perdidas ao ano de carga e descarga por non ter unha nave cuberta>.
O rexedor de Ribadeo considera que <Portos debe esforzarse, agora que ten máis tempo, en realizar un dragado integral da ría… algo moi demandado desde o Concello, desde os estibadores e desde as xentes do mar. O porto de Ribadeo segue a ser moi competitivo e Portos o que debería mirar é de darlle máis uso a este punto de interés fronteirizo para que por Ribadeo poidan entrar todo tipo de madeiras. Quizáis Portos podería enfocar os seus estudos de mercado e dar a coñecer máis o porto de Ribadeo para aproveitalo sin necesidade de acudir a estas grandes moles que estropearían o casco vello da vila>.
Suárez Barcia engade que <agora non se poden producir máis desmanes coma os que se puideron ter producido en anos pretéritos>