BURELA .- O PP de burela presentou unha moción no concello na que “pide que se incremente a frecuencia de horarios de FEVE, para levar a cabo un auténtico tren de cercanías, e solicita que se comecen os trámites e estudios para soterrar a vía de FEVE ó seu paso por Burela. Para os populares, os espacios que agora ocupa FEVE deben rescatarse para uso e goce de todos os cidadáns, aínda sendo conscientes de que este é un proceso longo e costoso”. Tamén pedirá que se fagan estudios para conectar por ferrocarril a Mariña con Lugo.
NOTA DE PRENSA
GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
O GMP presenta unha moción para pedir millors do ferrocarril da provincia e mariñán.
Os populares piden que comencen os estúdios para soterrar a via de FEVE en Burela.
Consideran que a Xunta debe demandar o AVE do Cantábrico e a conexión ferroviaria Lugo-A Mariña.
O GMPP de Burela presentou no concello unha moción para solicitar millors no funcionamento do ferrocarril na provincia de Lugo, pero tamén na Mariña en en Burela.
No que se refire á Mariña, o PP burelés pide que se incremente a frecuencia de horarios de FEVE, para levar a cabo un auténtico tren de cercanías, e solicita que se comencen os trámites e estudios para soterrar a vía de FEVE ó seu paso por Burela. Para os populares, os espacios que agora ocupa FEVE deben rescatarse para uso e disfrute de todos os cidadáns, ainda sendo conscientes de que este é un proceso longo e costoso; para os populares, o deber desta corporación é sentar as bases do futuro, para millorar a calidade de vida dos cidadáns. O PP incluira no seu programa electoral das municipais esta actuación.
Pero ademais, o PP de Burela solicita que se comencen tamén os estudios para conectar por ferrocarril a Mariña con Lugo, un proxecto que se barallou hai noventa anos, e que quedou totalmente esquecido; sen dúbida ningunha esta actuación dotaría de maior vida á comarca da Mariña, e sería unha saída de mercancías desde os nosos portos con garantías.
Os populares tampouco escuecen a necesidade de vertebrar a cornisa cantábrica con Galicia co AVE Ferrol-Bilbao.
Os populares son conscientes da complexidade de certas actuacións, pero tamén entenden que hai poñerse a andar, e nada millor para eso que sexan as propias corporacións quenes impulsen e demanden estas obras de infraestructuras, cando se está vendo que os fondos europeos para o AVE galego son igual a cero, e que os retrasos provocados pola Xunta e polo Goberno Central poñen en entredito as promesas e prazos que se están fixando.
O contido dos acordos que demanda a moción do PP son os seguintes:
O Pleno do Concello de Burela solicita do Goberno de España
o Realizar, a través de RENFE Operadora e ADIF os estudios necesarios, previos ás actuacións precisas, de cara a implantar en Lugo un servizo de tren ALARIS ou similar que cubra en horario diurno a liña A Coruña-Lugo-Monforte-Madrid.
o Incrementar as frecuencias e melloras de materiais nos servizos de cercanías entre Lugo e Monforte, e entre Lugo e A Coruña.
o Restablecer os servizos existentes entre Lugo e Cataluña, e Lugo e País Vasco, sen obrigar ós usuarios a realizar transbordos forzosamente en outras cidades galegas.
o Impulsar as obras, dotando adecuadamente as partidas presupostarias correspondentes, que permitan a electrificación da liña Monforte-A Coruña e situar a chegada do AVE a Lugo nos prazos comprometidos e acordados no Plan Galicia.
o A fixación de temporalización e dotacións presupostarias para a construcción do AVE Ferrol-Bilbao.
o A ampliación de frecuencias nas liñas de FEVE ó seu paso pola Marina.
o A elaboración de estudios para o soterramento da liña de FEVE ó seu paso polo concello de Burela.
Igualmente, o Concello de Burela solicita do Goberno de Espana e do Goberno da Xunta que se comence a elaboración de estudios para unir con via férrea a cidade de Lugo coa Marina Lucense.
En Burela, a vintetrés de Setembro de dous mil oito