RIBADEO .- O xornalista Javier Rivera Ponte foi nomeado director do semanario La Comarca del Eo, publicación fundada en Ribadeo por Francisco Lanza hai 87 anos. Javier Rivera substitúe no cargo a Juan Soto, ribadense que é o cronista oficial da provincia.
Javier Rivera naceu en San Cibrao (Cervo) hai 48 anos e mantén un grande vinculación con Ribadeo por razóns familiares. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e traballa no grupo El Progreso dende 1985, ano dende o que foi delegado do xornal lucense na Mariña ata o mes pasado, cando se trasladou á redacción central de El Progreso en Lugo.
En declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3), Javier Rivera amosouse ilusionado por facerse cargo da dirección dunha publicación con tanta historia e tan importante para Ribadeo como La Comarca del Eo.