Site icon Crónica3.com A Mariña

Finaliza a tempada de baño nas praias do concello de Cervo

O servizo de Salvamento en Praias do concello de Cervo, dá por finalizada o seu activade nos areais do municipio e fai unha valoración positiva da campaña, nun ano que foi especialmente complicado para os servizos de salvamento de toda España, cun aumento significativo de afogados, tanto en augas abertas (mar, rías..) como en augas pechadas (piscinas, encoros, balsas..).
O numero de intervencións, todas de carácter menor, ascendeu 58 intervencións das cales 19 na praia de Cubelas (1 traslado en ambulancia por dor torácica, 12 intervencións en curas de feridas varias, 6 picaduras de oriego ) e 39 na Praia do Torno ( 2 traslados en ambulancia, por corte profundo en man e por desmaio, 27 intervencións en curas de feridas varias, 3 intervencións por queimaduras, 1 rescate acuático dun menor) , nos meses de xullo, agosto e setembro, cun resultado satisfactorio e sen que houbese que lamentar accidentes maiores. O numero de TSA (Técnicos en Salvamento Acuático) que prestaron servizo nas praias de Ou, torno e Cubelas, foi de 9 apoiados por persoal técnico de grumir. Como novidade, este ano as dúas praias contaron coa presenza do DESA, un dispositivo que pretende implantarse en todos os lugares públicos onde haxa presenza multitudinaria de persoas, e o seu uso está indicado para paradas cardio-respiratorias, minimizando o tempo de resposta nestas actuacións.

En xeral, o comportamento dos usuarios das dúas praias foi exemplar. Obedecendo as indicacións dos socorristas e facendo un uso adecuado da mesmas, ese bo comportamento, viuse reflectido tamén nos usuarios das embarcacións a motor, motos de auga e os practicantes de deportes acuáticos, que respectaron as normas e as distancias de seguridade establecidas e sinalizadas, cabe destacar a moi boa acollida que tiveron os cinceiros ecolóxicos que se ofreceron durante o verán, proba de que a sensibilidade por manter os espazos comúns en bo estado, está calando sobre os usuarios.

Aínda que as condicións meteorolóxicas, non foron especialmente favorables, a ocupación das praias en fin de semana mantivo a tónica dos últimos anos, notándose menos usuarios durante a semana.

Exit mobile version