O Xoves chega a Burela a exposición Galicia Dixital que permanecerá aberta ata o 23 de setembro. Ó acto inaugural asistirá secretario xeral de Relacións cos Medios da Xunta, Fernando Salgado e o alcalde de Burela, Alfredo Llano. A edil de Economía e Facenda, Remedios López, indicou que “a exposición foi solicitada por este departamento e agora o que faremos será notificarllo aos colexios para que os nenos poidan achegarse a vela”.