BURELA .- O grupo municipal do PP no concello de Burela, por medio do edil, Luis Pedre, asegurou que desde finais do mes de xullo “non se expoñen ó público os resultados quincenais das análises sanitarias da auga das praias de Burela, o que incumpre unha das condicións de Bandeira Azul”. Os populares explican que “optaron por facer pública esta situación cando remata a campaña de praias, para que ninguén poida dicir que tentamos torpedear o labor do goberno municipal”.
Caos de tráfico
Por outra banda o Partido Popular de Burela denunciou o caos de tráfico que houbo o luns en Burela con motivo do pintado da ponte de FEVE en Eijo Garay. Os populares aseguran que o único paso para o porto era Circunvalación, xa que tamén estaba cortado o acceso por Suafonte.
Nota de Prensa
O PP afirma que desde finais de Xullo non se expuñeron as análises sanitarias da auga das praias.
Luis Pedre lembra que é obrigatoria a exposición pública de tales datos.
Pedre considera que con esa forma de actuar tírase por terra o traballo feito durante doce anos.
O GMPP de Burela, a través do seu concelleiro Luis Pedre, manifestou hoxe que desde finais de Xullo non se expoñen ó público os resultados quincenais das análises sanitarias da auga das praias de Burela, o que incumple unha das condicións de Bandeira Azul e limita a información á que teñen dereito os usuarios das praias, sobre de todo en casos que teñen que ver coa saúde pública.
Luis Pedre asegurou que non hai copias de tales análises expostas ó público nas praias, e os últimos datos que se expoñen están na cartelería, e datan de finais de Xullo. Os resultados das análiticas da auga, que indican se é apta ou non para o baño, son remitidos pola Consellería de Sanidade en modelo oficial.
Para os populares, con este xeito de actuar tírase por terra parte do traballo feito durante os doce anos de goberno popular. Para Pedre, as praias de Burela reúnen equipamentos de primeira calidade, pero porque xa os tiñan, non porque o bigoberno fixera nada novo, que nada fixo agás poñer duchas fixas e cambiar a cartelerìa.
Os populares indican que optaron por facer pública esta situación cando remata a campaña de praias, para que ninguén poida decir que tentamos torpedear o labor do goberno municipal.
———————-
O PP de Burela denuncia o caos de tráfico existente en Burela.
Onte, luns, pola tarde, o único acceso ó porto era Circunvalación.
Os populares esixen do alcalde “máis traballo e menos festas”.
O Partido Popular de Burela denunciou o caos de tráfico que houbo onte luns en Burela con motivo do pintado da ponte de FEVE en Eijo Garay. Os populares aseguran que o único paso para o porto era Circunvalación, xa que tamén estaba cortado o acceso por Suafonte.
Para os populares, a improvisación do alcalde é tal que xa hai que esixirlle menos festas e máis traballo, porque a pereza, a vagancia, e a incapacidade para o cargo están máis que manifestas.
Todos estamos de acordo en que hai que pintar a ponte de FEVE en Eijo Garay, pero hai que facer os traballos con sentidiño, algo que non tén o alcalde, que pola contra colapsou o tráfico en Burela orixinado atascos e cabreos entre os conductores que non tiñan por que terse producido.
O Partido Popular de Burela.
En Burela, a dezaseis de Setembro de dous mil oito.