BURELA .- Burela comeza cos preparativos para acoller en abril de 2009 a entrega do premio literario Blanco Amor. Hoxe, o alcalde, Alfredo Llano e a concelleira de Cultura, Neves Cando, mantiveron un encontro no Concello con Darío Xoán Cabana que foi o coordinador do premio que neste 2008 fallouse en Lugo. Alfredo Llano asegura que “o premio vaise convocar agora en outubro e ata finais de ano poderanse presentar os traballos que concorran a esta vixésimo sexta edición. E xa despois será fallado e entregado aló polo mes de abril de 2009. Estas son as datas que barallamos ata o momento”.
Limpeza de estradas
O rexedor confirmou que xa remataron os traballos de limpeza das estradas da Marosa e Vilastrofe “tarefas que veu efectuando nos últimos días a maquinaria da Deputación Provincial de Lugo. O noso municipio está listo e limpo finalmente, algo que estábamos a reclamar desde hai tempo e que se logrou”.