RIBADEO .- No pleno de onte, aprobóuse cos votos a favor do BNG, PSOE e UPRI e os votos en contra do PP, a ratificación definitiva do acordó de cesión dunha parcela municipal á Xunta para a construcción dunha galescola para nenos de ata tres anos. Fernando Suárez explica que “pasou o período de exposición pública e non houbo alegacións e agora só resta que se adxudique o proxecto e as obras agardamos que se inicien en breve, si é posible a principios de 2009, para que Ribadeo non só poida manter a escola infantil que xa está a funcionar desde hai tempo, senón que contará con outra que cubrirá a demanda de prazas existente na actualidade”.