Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro interesouse en Santiago polo xacemento de A Atalaia en San Cibrao

SAN CIBRAO .- O director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Felipe Árias, non clarexou o deputado popular, José Manuel Balseiro Orol, “como pretende protexer, preservar e poñer en valor” o xacemento arqueolóxico de A Atalaia, no que apareceron restos arqueolóxicos, tras iniciarse as obras de construción dun bloque de edificios. O deputado do PP, José Manuel Balseiro Orol, interesouse polas “previsións da Xunta de Galicia ao respecto destes restos de interese arqueolóxico alí aparecidos” e según afirma o PP, o responsable de Patrimonio, Felipe Arias, “non quixo clarexar esta cuestión baseándose en que aínda existen informes pendentes”.

Nota de Prensa

Jose Manuel Balseiro forzou a comparecencia deste alto cargo da Consellería de Cultura co obxecto de que dera explicacións sobre as xestións que a Xunta de Galicia ten previsto desenvolver en relación cos restos arqueolóxicos aparecidos na península de San Ciprián
O DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO NON ACLARA COMO PRETENDE “PRESERVAR, PROTEXER E POÑER EN VALOR” O CASTRO DA ATALIA

o A Xunta confirma que está a permitir a construción dun edificio nunha parcela na que existen 68 metros cadrados con valiosos restos arqueolóxicos.

A Mariña, 15 de setembro de 2008.- O director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Felipe Árias, non quixo clarexar como pretende “protexer, preservar e poñer en valor” o xacemento arqueolóxico Punta Atalaia, situado na península de San Ciprián, no municipio lucense de Cervo, zona na que apareceron restos dun asentamento castrexo galaico-romano, tras iniciarse as obras de construción dun bloque de edificios. O deputado popular José Manuel Balseiro Orol forzou a comparecencia parlamentaria deste alto cargo da Consellería de Cultura na Cámara autonómica na tarde de hoxe, co obxecto de que explicase as previsións da Xunta de Galicia ao respecto destes restos de interese arqueolóxico alí aparecidos Pese a iso, Felipe Arias, non quixo clarexar esta cuestión baseándose en que aínda existen informes pendentes, que están a ser elaborados polos técnicos da Consellería de Cultura.

SILENCIO OFICIAL

Ata o momento o departamento que dirixe a nacionalista Anxela Bugallo non deu ningún tipo de explicación oficial. Gardaba silencio ante as peticións do Alcalde de Cervo e de varias asociacións para que explicase a fórmula que desde Cultura tiñan pensado levar a cabo para protexer estes restos. “Hoxe coñecemos cal é o motivo” –engade Balseiro-  “Do debate da mesma deducimos que a pesar do tempo transcorrido desde que en abril de 2007 inventariaron este xacemento arqueolóxico Cultura aínda non ten claro que vai a facer cos restos do castro alí presentes” –conclúe o deputado autor da iniciativa parlamentaria- “Non sabemos se a Xunta de Galicia vai a liberar os terreos, adquirindo a súa propiedade, ou se pola contra permitirá a construción dun edificio sobre un castro que segundo eles mesmo afirman ten gran valor”

CULTURA AUTORIZA A CONSTRUCIÓN SOBRE O CASTRO

Pero sen dúbida a cuestión que máis chama a atención dos populares é o feito de que Felipe Árias confirmou que a Consellería de Cultura está a permitir a construción sobre a primeira das tres parcelas que son obxecto do análise arqueolóxico. “Todo iso malia que recoñece que alí existen aínda 68 metros cadrados sen alterar” polas obras de construción que alí se desenvolveron. “Falamos dunha pacela na que aínda existe un área previsiblemente fértil desde o punto de vista arqueolóxico e que agora quedará sepultada baixo o futuro edifico”- aclara Balseiro.

A este respecto o deputado popular fixo un chamamento aos veciños de San Ciprián e ás organizacións ecoloxistas que se teñen interesado sobre esta cuestión para que dean a súa opinión sobre este “incomprensible comportamento da Consellería de Cultura” que, “sabedora de que alí existen restos arqueolóxicos, está a permitir a construción dun edificio sobre os mesmos”

PETICIÓN OFICIAL PARA RESCATAR O TERREO

O deputado popular lembrou que o Concello de Cervo ten aprobado un acordo plenario polo que insta á Xunta de Galicia a protexer, preservar e poñer en valor este xacemento. A mesma petición será obxecto dun futuro debate no Parlamento de Galicia xa que o Grupo Parlamentario Popular rexistrou unha iniciativa que coincide con esta mesma petición “Todo  iso tras ver a lentitude coa que está a actuar Cultura, as reticencias que parecen ter os dirixentes de este organismo para protexer os restos alí achados e, finalmente, para garantir que no futuro seguirán presentes un castro que constitúe unha pegada viva da nosa historia”.

Exit mobile version