BURELA .- Burela acollerá o domingo 28 de setembro ás doce da mañá un partido amigable internacional entre unha selección de xogadores de Cabo Verde e o Clube Balonmán Lucus de Lugo. Un encontro, que segundo a concelleira de Deportes, Neves Cando, “enmarcase dentro da colaboración que xa se iniciou o ano pasado entre a Federación Galega de Balonmán e o Concello para retomar a práctica deste deporte entre os nosos nenos e nenas”.
Cando engade que a federación “escolleu Burela para a celebración deste encontro pola importante comunidade caboverdiana que está asentada no noso concello e sen dúbida co arroupo de todos estes compatriotas o equipo de Cabo Verde gozará dunha xornada importante de balonmán en Burela e nós tamén”. A selección de Cabo Verde estivo concentrada ata hoxe en Vigo onde ademais de adestrar enfrontáronse en dous partidos ao Chapela e ao Octavio. Mañá sábado pola tarde chegan a Burela e o domingo despois de comer retornarán a Vigo para viaxar o luns de novo ao seu país. A edil nacionalista convida a todos os veciños de Burela