Site icon Crónica3.com A Mariña

Balonmán e Voleibol novas actividades nas escolas deportivas de Burela

BURELA .- As escolas deportivas municipais de Burela inician as actividades o día 15 de setembro, según anunciou a alcaldesa en funcións e portavoz do BNG no concello de Burela, Neves Cando. A responsable nacionalista  que subliñou que este curso “como novidade, queremos introducir o voleibol”  e “imos implantar o balonmán nos dous colexio de Burela”, ademais “teremos actividades como patinaxe, tenis, tenis de mesa, bádminton, aerobic, ximnasia de mantemento e xogos tradicionais”. Os interesados poden inscribirse dende o luns na Casa do Concello, na Casa da Cultura o una Biblioteca Municipal.

Nota de Prensa

VOLEIBOL E BALONMÁN CENTRAN AS NOVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE BURELA QUE BOTAN A ANDAR O 15 DE SETEMBRO.

Burela, 5 de setembro de 2008. O 15 de setembro botarán a andar por segundo ano consecutivo as escolas deportivas municipais de Burela, segundo anuncia hoxe, a concelleira delegada de Deportes e alcaldesa en funcións, Neves Cando. A edil nacionalista asegura que <continuaremos cos convenios que vimos mantendo co Burela F.S. Pescador Rubén, coa Sociedade Deportiva Burela e co Clube Baloncesto Burela para desenvolver as actividades destes tres deportes. Os interesados terán que inscribirse nestes casos nos devanditos clubes. E tamén mantemos o convenio co Clube Natación Xove para posibilitar a práctica desta disciplina aos nosos mozos e mozas>.

Na oferta das escolas para este 2008-2009 destinadas a todos os públicos <teremos actividades como patinaxe, tenis, tenis de mesa, bádminton, aerobic, ximnasia de mantenimento, xogos tradicionais e como novidade queremos introducir o voleibol>, segue a relatar Neves Cando. O prazo de inscripción para participar nestas actividades deportivas ábrese o vindeiro luns 8 de setembro e deberá realizarse na Casa do Concello, na Casa da Cultura o una Biblioteca Municipal. As escolas deportivas funcionarán desde o 15 de setembro ata o 29 de maio.

Tamén este ano <e seguindo coa experiencia piloto que xa desenvolvemos o ano pasado continuaremos colaborando coa Federación Galega de Balonmán para voltar a ter con forza este deporte en Burela que foi un referente na Mariña no seu día e despois desapareceu totalmente. Este ano imos implantar o balonmán nos dous colexio de Burela> engade Neves Cando, que destaca que <tamén teremos actividades deportivas para os máis pequenos nos propios centros educativos (Virxe do Carme e Vista Alegre) coma aerobic, karate e xogos psicomotrices>.

A alcaldesa en funcións de Burela lembra que <as escolas deportivas son plenamente municipais e gratuitas. Son tamén un tema que temos moi coidado aquí en Burela, de aí que contratásemos no seu día a dous técnicos-monitores deportivos que traballan coa colaboración doutros expertos e dos clubes para ofrecer unha ampla variedade de actividades que todos os anos iremos ampliando, tal e como facemos este ano co voleibol e con balonmán>.

Exit mobile version