CERVO .- O BNG de Cervo asegura que o “concello coñecía en 2005 a existencia de restos arqueolóxicos na Atalaia” e o goberno municipal “nin cumpriu a lexislación de patrimonio, nin recoñeceu a existencia do Castro da Atalaia ate fai escasos meses”. Os nacionalistas aportan o dato de que se presentou un recurso “asinado polo Alcalde con data 26 de xuño de 2007 con rexistro de saída nº 2453 contra a inclusión deste castro no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio para a súa protección”. Asímesmo o BNG afirma que o concello “e a única administración denunciada pola fiscalía por destrución do patrimonio” e que “a estratexia do PP lonxe de solucionar nada só busca a promoción persoal de José Manuel Balseiro”
Nota de Prensa
O BNG LEMBRALLE AO PP DE CERVO QUE A UNICA ADMINISTRACIÓN DENUNCIADA POLA FISCALIA POR DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO E O CONCELLO.
O Concello coñecía en 2005 a existencia de restos arqueolóxicos na Atalaia e non pediu informes a Patrimonio antes de conceder as licenzas.
A estratexia do PP lonxe de solucionar nada só busca a promoción persoal de José Manuel Balseiro.
O goberno municipal nin cumpriu a lexislación de patrimonio, nin recoñeceu a existencia do Castro da Atalaia ate fai escasos meses, chegando incluso a presentar recurso asinado polo Alcalde con data 26 de xuño de 2007 con rexistro de saída nº 2453 contra a inclusión deste castro no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio para a súa protección.
O PP de Cervo non está en condicións, e moito menos o goberno municipal que apoia, de dar leccións a ninguén sobre a protección deste castro xa que foron os principais responsábeis da súa destrucción parcial ao non tramitar unha orde de paralización emitida pola Delegación Provincial de Cultura que non foi cumprida ate 5 días despois da súa notificación, permitindo a destrucción case total do xacemento e obrigando á apertura de dilixencias pola Fiscalía de Lugo e ao estudo dos restos depositados nun vertedoiro de Morás.
Inmoralidade e desvergoña:
A inmoralidade e desvergoña do goberno municipal non ten límites, xa que a pesar do coñecemento de informes que reclamaban a protección do xacemento dende o ano 2005, a pesar do coñecemento da aparición do Concheiro do Castro en agosto de 2006 nunhas obras de cimentación que o propio concello promovía para construír un mirador na zona; foron incapaces por un principio de prudencia e de acordo coa lexislación de pedir informes a Patrimonio antes da concesión das licenzas en novembro e decembro de 2006 e abril de 2007.
Cambio de actitude municipal:
O Goberno municipal e o PP de Cervo negáronsese a admitir a existencia do xacemento e acusou ao BNG de inventarse un castro inexistente durante moito tempo, chegando incluso a difundir a idea de que membros do BNG depositaban na zona restos inexistentes. Non foi ate a presentación de mais de 300 sinaturas recollidas entre os veciños que reclamaban a súa protección cando se produciu un cambio de actitude que pretendía lavar as mans das responsabilidades municipais para trasladalas a Patrimonio e facelo obxecto de ataques continuados en tódalas instancias posíbeis co especial protagonismo do Tte. Alcalde e parlamentario Sr. Balseiro que pasou de ser cómplice na destrucción do xacemento a reclamar insistentemente a súa protección, como si esto non se estivera facendo xa dende fai tempo a pesar das trabas que el e o goberno do que forma parte puxeron dende o principio.
A ilegalidade das licenzas:
Como xa é coñecido 60 veciños e ADEGA presentaron recursos o pasado 1 de agosto reclamando a anulación das licenzas concedidas na Atalaia polo goberno municipal cunha argumentación clara, a inexistencia de informes previos de Patrimonio e a falla de Estudo de Detalle que esixe a normativa urbanística municipal previo á concesión das licenzas, este recurso aínda non foi contestado polo concello que de non atender este requirimento, o BNG trasladará en forma de denuncia aos xestores de Urbanismo da Xunta de Galiza e pola vía xudicial se fose preciso.