A MARIÑA .- O responsable de Protección Civil do concello de Cervo, Mario Antuña, dicía no ano 2001 que “A Mariña necesita servizo de Bombeiros”; pasados sete anos, Mario Antuña continúa reivindicando o mesmo. Semella que as dotacións de bombeiros para A Mariña dependen da oportunidade política despois de ver a necesidade e aprémante; basta recordar que a pasada semana ardeu un bazar no casco urbano de Viveiro, fai apenas trinta días ardeu unha vivenda nun edificio de Burela (na imaxe) e fai seis meses o río Xunco asolagou vivendas en Cervo. En tódolos casos solventou a situación a intervención de persoal de Protección Civil e non houbo vítimas mortais. Entre tanto os reponsables políticos, que xa non todos son os do ano 2001, non avanzaron moito máis que fai sete anos e A Mariña seguen sen servizo de Bombeiros.