ALFOZ .- A Deputación Provincial de Lugo e o Motoclube EnduOuro asinarán proximamente un convenio para a creación de un circuíto de motocross na parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, según indicou o voceiro nacionalista en Alfoz, Ivan Marrube. O investimento a realizar na primeira fase deste circuíto de motocross ascenderá a 30.000 euros.
Nota de Prensa
ALFOZ CONTARÁ CO PRIMEIRO CIRCUITO DE MOTOCROSS DA MARIÑA. AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE QUE SE INICIARÁN EN BREVE TERÁN UNHA DURACIÓN DE DOUS MESES.
Alfoz, 5 de setembro de 2008. Alfoz contará co primeiro circuito de motocross da Mariña, segundo ven de anunciar o voceiro do BNG nese Concello, Iván Marrube. Esta tarde váise presentar nesa localidade o convenio que asinarán nas vindeiras semanas a Deputación Provincial de Lugo e o Motoclube Enduouro. As obras de construcción deste circuito que estará ubicado na parroquia de Carballido <darán comenzo en breve, xa que nuns días estarán as máquinas facendo o circuito e despois virán outras fases para ir complementando estas instalacións. Esta primeira fase estará lista nun prazo de dous meses>, explica Marrube.
O voceiro nacionalista en Alfoz asegura que <se trata dunha obra moi demandada tanto en Alfoz coma na comarca da Mariña desde hai tempo xa que hai unha grande afición a este deporte e foi un compromiso que o BNG de Alfoz adquiriu co Motoclube Enduouro. O proxecto toma forma agora para converterse nunha realidade. Nós estamos moi contentos porque vamos ter o primeiro circuito de motocross da comarca>.
Iván Marrube engade que <a instalación era necesaria porque se estaban a producir queixas dos veciños porque os amantes deste deporte o practicaban por camiños e pistas da zona e porque era unha demanda insistente dos que fan motocross, polo tanto así matamos dous paxaron dun tiro>.
O investimento a realizar na primeira fase deste circuito de motocross ascenderá a 30.000 euros.