Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para cubrir cinco postos de auxiliares de axuda no fogar en Burela

O Concello de Burela aprobou as bases para a contratación de cinco auxiliares de axuda no fogar. Según informou a edil de Persoal, Remedios López Villar “o contrato será baixo a modalidade de obra ou servizo e terá unha duración desde a súa firma ata o 31 de decembro deste ano. A xornada laboral será de 30 horas semanais en horario de 9 da mañá a 3 da tarde e o sistema de selección será de concurso de méritos con entrevista”. Agora ábrese un prazo de 8 días naturais para presentar as instancias no rexistro da Casa do Concello. López Villar lembra que “é imprescindible estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente e ter realizado o curso de auxiliar de axuda no fogar”.

Exit mobile version