XOVE .- A agrupación xuvenil do Partido Popular na Mariña lucense, Novas Xeracións, organiza un obradoiro de comunicación en Xove, na sala de informática da Oficina Municipal de Información Xuvenil, o sábado a partir das 17 horas. A actividade está dirixida aos seus afiliados e simpatizantes. O secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, e a senadora Mariña Gueimunde intervirán nesta actividade organizada en colaboración coa agrupación xuvenil de Xove.
Nota de Prensa
A actividade, que terá lugar mañá sábado 20 de setembro en Xove, está dirixida aos afiliad@s e simpatizantes desta organización xuvenil do Partido Popular
NOVAS XERACIÓNS DA MARIÑA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN
o O emprego das novas tecnoloxías como ferramenta imprescindible para achegarse aos máis novos e transmisión duns consellos prácticos para enfrontarse á redación de novas escritas e falar nos medios xornalisticos serán o obxectivo básico do taller
o O secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, e a senadora Mariña Gueimunde intervirán nesta actividade organizada en colaboración coa agrupación xuvenil de Xove
Xove, 19 de setembro de 2008.- A agrupación xuvenil do Partido Popular na Mariña lucense, Novas Xeracións, ten previsto realizar en Xove un obradoiro de comunicación dirixido aos seus afiliados e simpatizantes. A cita terá lugar mañá sábado a partir das 17 horas na sala de informática da Oficina Municipal de Información Xuvenil deste municipio mariñán.
O acto, organizado en colaboración e a proposta dos membros desta formación política de Xove, está dirixido aos mozos e mozas afiliados e simpatizantes de toda A Mariña e inclúe un variado programa estruturado en tres bloques.
O taller ten por obxecto fomentar o emprego das novas tecnoloxías como ferramenta básica para a comunicación da sociedade do século XXI, de xeito especial, entre os máis novos. O mundo de Internet, red de redes, constitúe xa non só un espazo para a obtención da información, senón tamén para a transmisión e achegamento das inquedanzas que afectan á xuventude. En segundo lugar, varios profesionais coñecedores do mundo xornalístico, ofrecerán unha serie de consellos prácticos para mellorar a forma e estrutura na que os membros de Novas Xeracións realizan as súas mensaxes políticas. Buscan ofrecer unhas instrucions sinxelas coas que todos seremos capaces de comunicar as nosas ideas e proxectos dunha maneira máis efectiva e profesional. Finalmente, haberá unha cea, á que están convidados os participantes neste encontro.
Esta actividade estará dirixida polo presidente provincial de Novas Xeracións Antonio Basanta Fernández, e polo dirixente local desta formación xuvenil Rodrigo Salgueiro. Ademáis, está prevista a presenza do secretario xeral desta formación poítica en Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro Orol e da senadora Mariña Gueimunde.