RIBADEO .- Comezaron as obras de instalación do ascensor da Atalaia que acomete a Dirección Xeneral de Costas afrontando unha inversión de 1,4 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez, asegurou que a parte do que supón a obra en si de que conecte Atalaia co paseo marítimo “hai que destacar o engadido que trae consigo e que suporá a urbanización dunha zona moi importante de Ribadeo. Váise urbanizar o Calexón dos Perigos, a rúa Bispo Vérez e o entorno da Atalaia que estaba un tanto esquecido. Serán unhas obras que modificarán para ben a aparencia estética desa zona da nosa vila”.
Nota de Prensa
AS OBRAS DO ASCENSOR DA ATALAIA NAS QUE COSTAS INVISTE 1,4 MILLÓNS DE EUROS TEÑEN UN PRAZO DE EXECUCIÓN DE 10 MESES.
Ribadeo, 3 de setembro de 2008. Onte comenzaron as obras de instalación do ascensor da Atalaia que acomete a Dirección General de Costas coa aportación íntegra de 1,4 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que <a parte do que é a súa construcción que suporá a conexión da Atalaia co paseo marítimo e que estamos diante dunha infraestructura de índole bastante turística hai que destacar o engadido que trae consigo e que suporá a urbanización dunha zona moi importante de Ribadeo. Váise urbanizar o Calexón dos Perigos, a rúa Bispo Vérez e o entorno da Atalaia que estaba un tanto esquecido. Serán unhas obras que modificarán para ben a apariencia estética desa zona da nosa vila>.
O rexedor engade que <será normal a partires de agora ver o movimento desas obras. Segundo Dragados que é a empresa que as realiza nalgún momento terán que cortar algún carril do paseo marítimo, pero eso será para máis adiante, porque agora están limpando o talude e despois chegará o replanteo e o resto de cuestións máis estructurais para proceder á instalación do ascensor. Téñolles que pedir disculpas aos veciños polas molestias que poidan ocasionar estas obras>.