Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcalde e Conselleira de Pesca viron a nave de redes de Burela que se rematará este ano

BURELA .- A conselleira de Pesca, Carmen Gallego e o alcalde de Burela, mantiveron onte unha xuntanza e visitaron a nave de redes do porto de Burela. Esta obra estará rematada antes de fin de ano, según indicou Alfredo Llano. Posteriormente visitaron as instalacións da empresa Pescados Ruben.
Alfredo Llano asegurou que tamén falou con Carmen Gallego da Feira Expomar “para tentar dimensionar un pouco máis a feira que se fará nesa nave, e quedamos en que nunhas semanas seguiremos a afondar neste asunto nun encontro que manteremos en Santiago de Compostela”.

Nota de Prensa

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañou esta mañá á conselleira de Pesca, Carmen Gallego, a supervisar as obras da nave de redes. O rexedor asegura que eses traballos <marcha a bó ritmo e segundo nos contou o director da obra a finais de ano o edificio será unha realidade. Vai ser moi importante para realizar diferentes tipos de eventos aquí en Burela, pero sobre todo para atender as necesidades das redeiras>.

Alfredo Llano engade que <a nave ocupa unha superficie bruta de 5.500 metros cadrados e 3.500 de superficie útil e está presupostada en 1.700.000 euros. É un edificio moi funcional que quedará perfectamente integrado coa estética global do noso peiraro xunto ás naves de ABSA e coa ampliación e os novos accesos ao porto. Ademáis dará pé á realización de actividades importantes para Burela>.

A vindeira semana darán comenzo os traballos de instalación das cubertas nesa nave de redes que foi visitada hoxe pola conselleira de Pesca. O rexedor e Carmen Gallego falaron de Expomar <para tentar dimensionar un pouco máis a feira que se fará nesa nave, e quedamos en que nunhas semanas seguiremos a afondar neste asunto nun encontro que manteremos en Santiago de Compostela. E hoxe tamén falamos de acuicultura e da instalación desas tres prantas en Xove, Foz e Ribadeo>.

Exit mobile version